Galicia

A Xunta e a Fundación Castelao desenvolven unha mostra inmersiva cunha recreación hiperrealista de Castelao e a súa voz grazas á intelixencia artificial

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou hoxe no Museo Centro Gaiás as liñas de traballo da exposición inmersiva Castelao. Mirar por Galicia. Realizada coa colaboración da Fundación Castelao, a mostra representa a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Gabriela Villada do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, gañadora do galardón autonómico do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega de premios da 16ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto de Galicia, cuxa gañadora da fase autonómica foi Gabriela Villada, do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, na provincia da Coruña.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García pon en valor a figura de Ramón Piñeiro polo alento do espíritu galego na celebración do 110º aniversario do seu nacemento

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou en Santiago de Compostela a edición comentada de Filosofía da Saudade, de Ramón Piñeiro, a obra editada pola Xunta de Galicia para conmemorar a celebración do 110º aniversario do nacemento do escritor, político e filósofo que foi unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX e homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2009.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta entrega os premios do ‘escape room’ sobre Castelao, no que participaron máis de 700 escolares de Lugo

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude entregou os premios do escape room sobre a figura de Castelao organizado polo Departamento Territorial de Lugo na Biblioteca Pública Provincial, no que participaron uns 725 escolares de sexto de Primaria procedentes de quince centros da cidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta impulsa a lingua no ámbito relixioso a través dos soportes dixitais

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da versión en liña da Biblia en galego, iniciativa coa que colabora a Xunta no senso de “seguir dando pasos adiante en todos os ámbitos da sociedade, como é o eido relixioso, a prol do uso da nosa lingua”, apuntou.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do seu concurso de vídeos de divulgación científica en galego

A USC convoca a terceira edición do concurso de vídeos Vémolo Nós, destinado a promover o uso do galego como lingua de divulgación científica. A iniciativa diríxese á comunidade universitaria e premiará vídeos inéditos, en galego, de ata cinco minutos, en tres categorías temáticas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Os colexios Mestre Valverde Mayo e Milladoiro e os institutos de Foz e Alexandre Bóveda, gañadores do VIII certame escolar de podcast ‘O vello dos contos’

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega dos VIII Premios de Podcast Xosé Mosquera O vello dos contos, do que resultaron gañadores os escolares dos colexios Mestre Valverde Mayo de Mos, polo traballo Avoa Fita, e Milladoiro de Malpica de Bergantiños, con A nosa herdanza. Mentres que na categoría de Secundaria resultaron premiados os institutos de Foz, coa peza Lanchiña que vas en vela, e Alexandre Bóveda de Vigo, con Da peneira á eternidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra inviste en libros en galego para repartir en centros sociais e de ensino

O Concello de Pontevedra investiu case 11 500 euros na compra de literatura en galego, coa adquisición duns 800 volumes en 17 librerías locais. Estes libros distribuiranse en centros educativos e entidades sociais co obxectivo de contribuír á difusión da lingua e á dinamización do sector libreiro.

Fonte: Faro de Vigo

Ames acolle a VI Festa do Apego para promover a transmisión familiar do galego

O Concello de Ames organiza a VI Festa do Apego, unha xornada festiva dedicada a promover a lingua galega no lecer familiar. O evento ofrece contos, xogos, teatro, obradoiros e espazos creativos para fomentar unha crianza positiva en galego.

Fonte: Concello de Ames

A cuarta mesa do foro «Un país coa súa lingua» propón a creación dunha plataforma para a difusión da identidade galega

A xornada «Comunicación, cultura e acción exterior» destacou a importancia de integrar o galego e a identidade galega como eixe estratéxico nas empresas. Presentáronse exemplos inspiradores e propostas concretas para fortalecer a lingua no ámbito da intelixencia artificial, nos medios e nas redes culturais no exterior.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder