Galicia
Convócanse axudas para a edición en galego de recursos didácticos curriculares
A Xunta de Galicia publicou no DOG a convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos curriculares en soporte impreso ou dixital para niveis educativos non universitarios.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A TVG pon en marcha un proxecto protagonizado por unha influencer que asume o reto de aprender galego en cen días

A TVG impulsa o proxecto «Bótalle azucre», protagonizado pola influencer Anita Mateu, que asumiu o reto de aprender galego en 100 días co obxectivo de manter unha conversa fluída. A iniciativa, dirixida ás persoas neofalantes, combina contidos audiovisuais en YouTube, Instagram e TikTok, cunha grande implicación do público, que colabora nas aprendizaxes de Anita. O proxecto pretende visibilizar e apoiar os novos galegos e galegas que queren incorporarse ao uso da lingua.
Fonte: CRTVG
Resólvense os VI Premios Mil Primaveras que nesta edición recoñecen catro iniciativas normalizadoras
Os Premios Mil Primaveras 2024 distinguiron catro proxectos que promoven o uso do galego na infancia e na mocidade, fomentan a socialización na lingua propia e transmiten valores positivos. Os galardóns recoñecen iniciativas exemplares no ámbito da normalización lingüística, que nesta edición foron Brazolinda, «Galego para peques», «Modo galego, actívao!» e Vitamina G.
Fonte: Mil Primaveras
Valentín García destaca o traballo da Editorial Galaxia na promoción da lingua nestes 75 anos de vida

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á inauguración de «Crear Porvir», a exposición itinerante que conmemora os 75 anos de vida da Editorial Galaxia que, tal e como destacou, é unha institución de referencia que non deixa de traballar pola promoción da lingua a través da difusión literaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo un informe da Xunta, o 63 % da poboación leu libros en galego en 2024
O informe sobre hábitos de lectura en Galicia en 2024 revela un aumento no número de persoas que len e mercan libros. Respecto á a lectura en galego, un 63 % da poboación afirma ler, de xeito habitual ou ocasional, libros nesta lingua. Ademais, Galicia sitúase por riba da media estatal tanto na lectura como na compra de libros, cunha media de case nove exemplares por persoa e un claro predominio das librarías tradicionais como principal canle de adquisición.
Fonte: Cuturagalega
Comeza a segunda edición do Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego

O Validatón 2025, promovido polo ILG e o Proxecto Nós, propón un novo maratón de validación de voz en galego na plataforma Common Voice, no que se combina unha fase en liña ata o 10 de abril e unha presencial ese mesmo día. O evento, que busca mellorar os datos da edición anterior, fomenta a creación dun corpus aberto para o recoñecemento da fala en galego, ao tempo que ofrece premios e recoñecemento académico ao estudantado participante.
Fonte: Diario de Santiago
Henrique Monteagudo convértese no novo presidente da Real Academia Galega

O pleno da Real Academia Galega aprobou a candidatura de Henrique Monteagudo á presidencia da institución. Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega da USC, estará acompañado na comisión executiva por Ana Boullón, María López-Sández, María Dolores Sánchez e Lourenzo Fernández. A súa xestión buscará reforzar a colaboración coa sociedade civil e outras entidades, mellorar a presenza feminina na RAG e continuar a promoción do galego.
Fonte: Real Academia Galega
Convócase unha nova edición do Concurso literario Mazarelos para fomentar a creatividade en galego do alumnado da USC
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca o XI Concurso literario Mazarelos, dirixido ao alumnado e ao persoal investigador da Universidade de Santiago. O certame, que admite obras de calquera xénero e tema, busca fomentar a creatividade e a expresión en galego. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, e os premios son de 600, 500 e 400 euros para os tres primeiros postos.
Valentín García gaba a figura de Victorino Gutiérrez polo “seu gran papel como dinamizador da lingua”
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na descuberta dunha placa conmemorativa dedicada a VIctorino Gutiérrez Aller nunha homenaxe que o Concello de Lalín lle rende así ao notario cofundador da Irmandade Xurídica Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O termo “cantareira” incorpórase ao paseo das Palabras do Ano
A palabra "cantareira" foi elixida como Palabra do Ano 2024 e incorporada ao paseo das Palabras do Ano de Lugo nun acto no que Víctor F. Freixanes destacou a importancia das cantareiras na transmisión oral da lingua galega, vínculo entre xeracións. A elección coincide co inicio da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín