Mundo
O Instituto Cervantes e Panamá asinan un acordo para a celebración do Congreso da Lingua Española
O Goberno de Panamá e o Instituto Cervantes asinaron un acordo para a celebración do VI Congreso Internacional da Lingua Española do 20 ao 23 de outubro na capital panameña, baixo o lema "O español no libro: do Atlántico ao Mar do Sur".
Fonte: Cañasanta
Dúas iniciativas públicas promoverán e difundirán a lingua friulana no concello italiano de Udine
Co fin de facer máis visible a lingua friulana e promover o seu uso, o Concello de Udine presenta dúas iniciativas no ámbito da comunicación e a información públicas: “Udin par furlan” e “Furlan in Comun”.
Fonte: Il Friuli
A semana da lingua irlandesa ofrecerá cursos de gaélico para a comunidade protestante do leste de Belfast
Con motivo da semana do gaélico irlandés, varias actividades, que teñen como fin a aprendizaxe da lingua, terán lugar por primeira vez no leste de Belfast, de maioría protestante.
Fonte: Belfast Telegraph
Créase un comité consultivo para a promoción das linguas rexionais en Francia
O Ministerio de Cultura francés constituíu un comité consultivo para a promoción das linguas rexionais co fin de "redefinir unha política pública a favor da diversidade lingüística".
Fonte: Eitb
Autoridades portuguesas presentan Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa en Bruxelas
O comisario europeo de Desenvolvemento recibirá responsables gobernamentais portugueses, así como a presidenta do Instituto Camões, para presentar o recentemente creado Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua que ten como obxectivos, entre outros, propor e executar a política de ensino e divulgación da lingua e cultura portuguesas no estranxeiro.
Fonte: Diário Digital
A crecente introdución do inglés nas universidades finlandesas pon en risco as linguas oficiais de Finlandia
Hoxe en día cada vez máis estudos universitarios de Finlandia son en lingua inglesa. Porén, este avance non é visto con bos ollos por moitos académicos que consideran que pode pór en risco as linguas oficiais do país.
Fonte: Uutiset
Twitter xa permite descargar "tweets" en 13 linguas
Twitter inaugura unha nova funcionalidade para os seus usuarios: a posibilidade de descargar "tweets" para que estes non se perdan na inmensidade da rede social. A opción xa está dispoñible no idioma orixinal, o inglés, desde decembro, mais a rede social decidiu agora ampliala a doce linguas máis.
Fonte: Dinheiro Vivo
Unha experta da ONU lembra que a protección das linguas minoritarias é unha obriga en materia de dereitos humanos
Unha experta independente das Nacións Unidas declarou que a metade das máis de 6000 linguas que se falan no mundo desaparecerán a finais do século se non se realizan os esforzos necesarios para salvalas. Ademais, salientou que as linguas minoritarias son unha causa frecuente de tensións para moitos gobernos cuxa única obriga é garantir a súa protección.
Fonte: United Nations
A Academia da Lingua Guaraní de Paraguai funciona sen achegas públicas
O profesor Almidio Aquino, integrante da Academia da Lingua Guaraní, declarou que a institución funciona sen orzamento e que os gastos que se orixinan se cobren con achegas dos seus membros. Porén, a Academia está no proceso final de elaboración dos seus estatutos, primeiro paso para poder cumprir a súa función principal: a creación dun alfabeto e gramática oficiais da lingua guaraní.
Fonte: Última Hora
O servizo de almacenamento de arquivos Dropbox xa está dispoñible en portugués
A plataforma de almacenamento de arquivos en liña Dropbox anunciou que está dispoñible en portugués brasileiro. Con esta nova incorporación, este servizo xa pode visualizarse en oito idiomas: inglés, francés, alemán, italiano, xaponés, coreano, español e portugués.
Fonte: Administradores
Boletín
Subscríbase ao boletín