Mundo
A lingua maorí é primordial para o desenvolvemento económico de Nova Zelandia
Nova Zelandia terá unha economía máis forte se a lingua maorí se ofrece de maneira obrigatoria en todas as escolas de fala inglesa. "Está suficientemente demostrado que os nenos que aprenden a lingua nativa se desenvolven mellor na vida que aqueles que só aprenden inglés", declara Awanui Black, voceira da asociación a prol da lingua Nga Kaikokiri Matauranga.
Fonte: Voxy.com.nz
O estudo de linguas contribúe á reinserción social de presos en Marsella
O estudo das linguas abre as portas para accedermos a outras culturas e comunicármonos. Ademais, as linguas tamén poden ser preciosas ferramentas para a reinserción social de persoas que cumpren penas de prisión.
Fonte: Rfi português
A Fundación do Español Urxente asegura que internet non empobrecerá a lingua española
A lingua española non está en risco polo uso masivo de internet ou as redes sociais, afirmou o delegado da Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA) en Colombia, Fernando Ávila, na presentación do libro Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales.
Fonte: LaRepública
Dúas universidades americanas crean un programa por computador que reconstrúe linguas antigas
Nun intento por preservar linguas ameazadas, a Universidade de California en Berkeley (EUA) e a Universidade de British Columbia (Canadá) desenvolven un programa por computador que reconstrúe linguas antigas a partir dos seus descendentes modernos.
Fonte: Cnet
Falar unha lingua estranxeira é primordial para os licenciados británicos
Segundo un estudo elaborado por Telefónica Digital, é primordial que os licenciados do Reino Unido saiban falar unha lingua estranxeira para poder acceder a empregos no sector dixital.
Fonte: HRmagazine
Un estudo revela que o portugués corre o risco de desaparecer da era dixital
Un estudo internacional revela que a lingua portuguesa corre o risco de desaparecer do mundo dixital se non se toman medidas urxentes para reforzar o seu desenvolvemento tecnolóxico.
Fonte: New Media
Nace o novo sistema de certificación de coñecemento da lingua italiana
O ministro italiano de Exteriores, Giulio Terzi, anunciou o novo sistema de certificación unificado que permitirá dispor dunha marca de calidade lingüística claramente identificable para os candidatos estranxeiros que desexen estudar italiano.
Fonte: La Stampa
O gaélico rexistra un forte crecemento no distrito norteirlandés de Dungannon
O uso da lingua irlandesa rexistra un forte crecemento no distrito norteirlandés de Dungannon grazas ao traballo de profesores, pedagogos entusiastas e políticos.
Fonte: Tyrone Times
Alertan da desaparición de linguas indíxenas en Nicaragua
O idioma falado polos indíxenas nicaraguanos denominados rama ou ramakí está en perigo de extinción, polo que podería desaparecer a sabedoría deste pobo ancestral. Co fin de protexelo, o Instituto Nicaraguano de Cultura xestionará o recoñecemento desa lingua indíxena como Patrimonio da Humanidade ante a Organización das Nacións Unidas para a Ciencia, a Educación e a Cultura (UNESCO).
Fonte: Crónica Viva
Traducen a Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos a dez linguas indíxenas
A Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos traduciuse a dez novas linguas indíxenas. Previamente, en 2010, xa se traducira a Carta Magna a outras 13 variantes, polo que agora xa se pode consultar en 23 linguas indíxenas mexicanas.
Fonte: Excelsior
Boletín
Subscríbase ao boletín