Mundo

Lanzan a Wikipedia falada en vinte linguas indias

A Wikipedia falada en linguas nativas da India é un proxecto que pretende dar voz á comunidade india e crear un dominio de información relacionado co país e as súas linguas a través de gravacións sonoras de artigos (en varias linguas nativas da India).

Fonte: India Express

Windows 8 será lanzado en 109 linguas, 14 máis que a última versión

O equipo de Windows anunciou que Windows 8 estará dispoñible en 14 linguas novas, o que fai un total de 109.

Fonte: Brecorder

A compañía de teléfonos móbiles HTC lanza terminais en lingua birmana

Os teléfonos incorporarán un teclado en lingua birmana na pantalla que, segundo a compañía, é o máis avanzado ata o de agora.

Fonte: BBC

Necesítase acción urxente para salvar a lingua galesa

Segundo os defensores da lingua galesa, necesítase acción urxente para manter a lingua viva nas comunidades en Gales, desde Wrexham ata o noroeste do país.

Fonte: Daily Post

O español é a segunda lingua máis utilizada en Twitter

O español é xa o segundo idioma máis utilizado na rede social dos 140 caracteres, só por detrás do inglés e por diante do portugués e o xaponés.

Fonte: El País

Nace Europe Language Jobs, unha nova web para candidatos multilingües

Trátase dun novo portal de emprego especializado en recrutamento multilingüe. A web ofrece os seus servizos, en máis de 23 idiomas, a empresas que buscan novos empregados por toda Europa.

Fonte: Asociación Española de Empresas de Consultoría

A Autoridade Canadense de Rexistros de Internet autoriza nomes de dominios en francés

Por primeira vez, a Autoridade Canadense de Rexistros de Internet permite o uso de nomes de dominios escritos con caracteres franceses, polo que os canadenses poden agora rexistrar as súas páxinas web escritas correctamente nas dúas linguas.

Fonte: Beacon News

Morre a antepenúltima falante de san, a lingua viva máis antiga de Sudáfrica

Coa morte da muller, só dúas persoas en Sudáfrica seguen falando o san, unha lingua do deserto de Kalahari que os estudosos consideran a máis antiga das decenas de linguas indíxenas deste país austral con once linguas oficiais.

Fonte: La Vanguardia

Oficialízase o alfabeto en lingua wampis elaborado con comunidades nativas de Ecuador

Como resultado do traballo de máis dun ano coas comunidades nativas que habitan nas marxes dos ríos Santiago e Morona, o Ministerio de Educación de Ecuador oficializou o alfabeto da lingua wampis, que permitirá elaborar diversos materiais e textos educativos para atender os nenos e adolescentes das vilas indíxenas que estudan nas escolas interculturais bilingües.

Fonte: Generación

Os aprendices a condutores no Reino Unido deberán usar o inglés nos exames

O Secretario de Transporte do Reino Unido, Patrick McLoughlin, iniciou unha campaña para evitar que os intérpretes axuden ás persoas que non falan inglés a conseguir un carné de condución británico ao dicirlles as respostas ás preguntas tanto na teórica coma na práctica.

Fonte: Daily Mail

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder