Mundo
Fan unha proposta para usar o búlgaro nos cumios da Unión Europea
O presidente de Bulgaria díxolles aos xornalistas búlgaros que fixo a proposta porque a lingua búlgara expresa moi claramente “o si, o non e o quizais”, mentres que os políticos en Bruxelas perden moito tempo debatendo cal é o significado exacto de “quizais” en inglés.
Fonte: Novinite
A Unesco celebra o primeiro Día Mundial da Lingua Árabe
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) celebra o primeiro Día Mundial da Lingua Árabe na súa sede de París, unha ocasión para amosar os valores da lingua árabe a todo o mundo.
Fonte: Spanish China
Euronews lanza a súa versión en lingua grega
Euronews, a canle de noticias internacional, incorporou un novo idioma, o grego, co que quere chegar á comunidade de Grecia e Chipre repartida por todo o mundo.
Fonte: SatCesc
Gran Bretaña exclúe o hebreo como lingua estranxeira no sistema educativo
O goberno británico está planeando excluír o hebreo dunha lista de idiomas estranxeiros recoñecidos no sistema educativo nacional.
Fonte: Aurora-Israel
Un 10 % dos paraguaios deixou de falar guaraní, segundo o Censo 2012
Polo menos un 10 % dos paraguaios deixou de usar o idioma guaraní para comunicarse nos últimos 10 anos, segundo datos aínda parciais proporcionados polo Censo 2012, que segue en proceso.
Fonte: Última Hora
O número de estudantes de alemán aumenta en Tanzania
O número de tanzanos que aprenden alemán aumentou de forma significativa. Unha das principais razóns deste aumento é que algúns dos estudantes pretenden conseguir oportunidades educativas no país europeo.
Fonte: All Africa
O húngaro obtén estatuto de lingua rexional na Ucraína
A lingua húngara adquiriu o estatus de rexional no distrito Vinogradovski da rexión de Transcarpatia, na Ucraína. A partir de agora, todas as placas de sinalización e sistema informacional do distrito serán duplicadas en húngaro.
Fonte: Rádio Voz da Russia
Presentan unha aplicación de Microsoft que traduce de lingua maia ao español
A empresa Microsoft lanzou o tradutor hub-maya, unha plataforma que traducirá desa lingua ao español e viceversa, e servirá para iniciar proxectos de educación que se poderán introducir nas escolas básicas.
Fonte: NSS Oaxaca
O francés seguirase estudando nas escolas secundarias de Filipinas grazas a un novo acordo
O Departamento de Educación de Filipinas e a Embaixada de Francia no país renovaron o seu acordo para continuar ensinando francés como material optativa nas escolas secundarias do país.
O Centro Nacional de Linguas de Gales intenta reverter o descenso de estudantes que estudan linguas estranxeiras en secundaria
O centro, tamén chamado Cilt Cymru, traballa con 32 escolas para promover que os adolescentes estuden unha lingua estranxeira. Un dos seus proxectos é en colaboración coa rede de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas Stemnet, e consiste en que os estudantes escollan opcións profesionais que combinen materias de ciencias cunha lingua.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín