Mundo

O galés, o gaélico, o irlandés e o córnico rexorden de novo

Grazas aos seus apaixonados defensores, o galés atópase en plena forma e a situación doutras linguas minoritarias do Reino Unido está tamén mellorando.

Fonte: Independent

Aprender unha segunda lingua na infancia previría a deterioración cognitiva na vellez

As persoas que aprenderon un segundo idioma cando eran nenos teñen maior axilidade mental a idades avanzadas, segundo un estudo que publicou a revista Neuroscience.

Fonte: Te Interesa

Learning a second language as a child would prevent cognitive damage in the old age

People who have learnt a second language when they were children have a better mental agility in the old age, according to a study published in the magazine Neuroscience.

Source: Te Interesa

Sri Lanka quere erradicar a lingua tamil no país

O presidente do partido político indio DMK, M. Karunanidhi, instou o primeiro ministro Manmohan Singh a tomar medidas para garantir que o Goberno de Sri Lanka dá marcha atrás no seu programa de erradicación da lingua, a cultura e a relixión tamil.

Fonte: The Hindu

Revitalizan unha lingua aborixe perdida de Australia

Unha lingua aborixe que desaparecera debido á colonización europea de Australia foi reavivada, grazas á dedicación dos investigadores e á visión dos misioneiros alemáns do século XIX.

Fonte: BBC

Os nenos checos aprenderán obrigatoriamente unha segunda lingua estranxeira

Desde o próximo curso, nas escolas básicas aprenderase obrigatoriamente unha segunda lingua estranxeira.

Fonte: Radio Praha

Bolivia ensinará as linguas orixinarias nas escolas

O ensino dunha lingua orixinaria no novo currículo escolar boliviano será progresiva. Partirá do sinxelo (educación oral) ata chegar ao difícil (lectura e escritura).

Fonte: La Razón

A lingua aramea está en risco de extinción debido ao descenso no número de falantes nativos

Suponse que foi a lingua falada por Xesucristo e os seus discípulos hai máis de 2000 anos, pero agora o arameo, unha lingua antiga relacionada co hebreo e o árabe, atópase ao borde da extinción debido a que o número de falantes nativos en todo o mundo se reduciu notablemente.

Fonte: Daily Mail

Turquía recoñece a lingua kurda nos tribunais

O Parlamento turco aprobou unha lei que permite o uso da lingua kurda nos tribunais. Con esta decisión, o Goberno pretende avanzar nas negociacións de paz co líder dos Traballadores de Kurdistán, que está preso.

Fonte: Euronews

O Goberno de Samoa estuda comezar a educación na lingua samoana en preescolar

O novo director de Educación na Samoa Americana anunciou a existencia de plans para que os primeiros anos escolares se desenvolvan na lingua local.

Fonte: Radio Australia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder