Mundo

A Universidade Nacional Australiana reforza os estudos de linguas

A elección de linguas aumenta grazas a que a Universidade Nacional Australiana, un importante centro para o ensino das linguas, comeza a ofrecer novos cursos en liña.

Fonte: The Australian

A televisión mexicana emitirá unha serie en lingua maia

Unha teleserie en lingua maia que trata os problemas de marxinación que enfrontan os indíxenas en plena globalización estrearase en México en xaneiro.

Fonte: Primera Edición

Windows 8 será traducido finalmente á lingua acerbaixana en 2013

Microsoft-Acerbaixán está realizando traballos de tradución no paquete de linguas do sistema operativo Windows 8 á lingua acerbaixana.

Fonte: News.az

O Goberno ruso aproba o status da lingua de signos

Unha nova disposición determina o status da lingua de signos e defínea como lingua de comunicación en casos da perda de audición e/ou fala, incluso nas esferas do uso da lingua oficial da Federación Rusa.

Fonte: La Voz de Rusia

Suecia aumenta os dereitos da lingua finesa

O finés será unha lingua opcional nas escolas infantís e residencias da terceira idade en oito novas cidades suecas, dado que o Goberno aumentou os dereitos dos falantes de linguas minoritarias en todo o país.

Fonte: The Local

Unha universidade australiana quere conservar a lingua e a cultura lotud

Un pequeno grupo da comunidade Kadazandusum está recibindo axuda dunha universidade australiana para protexer a súa lingua e cultura.

Fonte: The Star

A emisora en galés BBC Radio Cymru vese obrigada a pór música en inglés por un problema de dereitos de autor

A emisora en lingua galesa BBC Radio Cymru viuse forzada a emitir música en inglés tras un problema cos pagamentos dos dereitos de autor.

Fonte: NME

A lingua inglesa invade as universidades portuguesas

Co éxito das escolas de negocios internacionais creadas nos últimos anos por algunhas das facultades de economía máis prestixiosas do país, algunhas das maiores institucións universitarias están aproveitando para reproducir o modelo noutras áreas.

Fonte: Expresso

Unha axencia estatal tailandesa lanza unha canle de televisión en lingua malaia no sur do país

Na rexión do sur de Tailandia na que predomina a lingua malaia lanzaron unha canle de televisión que emitirá inicialmente 30 minutos ao día na súa lingua propia.

Fonte: The Nation

Solicitan apoios para rescatar a lingua cucapah de México

O desprazamento dos seus integrantes e as novas tecnoloxías propiciaron que os mozos cucapah só lembren unhas cantas frases da súa lingua ancestral, a mesma que as autoridades da tribo se propuxeron salvar coa creación dun proxecto de rescate da lingua.

Fonte: La Voz de la Frontera

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder