Mundo

A lingua chinesa gaña popularidade nos institutos serbios

Os investimentos chineses en Serbia fixeron que cada vez máis e máis nenos serbios se interesen pola lingua chinesa nas escolas.

Fonte: CRI English

Avalían o dominio da lingua quechua dos docentes peruanos

Os docentes peruanos do nivel inicial, primaria e secundaria de Educación Intercultural Bilingüe serán avaliados no dominio de lingua quechua (oral e escrito).

Fonte: Diario Correo

Un estudo afirma que Wikipedia perde editores en lingua inglesa

Wikipedia, unha das páxinas de internet máis grandes do mundo, está perdendo moitos dos seus editores en lingua inglesa, o que reduce a súa fortaleza como unha fonte de coñecemento en liña, afirma unha investigación.

Fonte: El Universal

Unha nova aplicación traducirá do inglés á lingua nativa americana seneca

Desenvolven unha aplicación para ordenador que permitirá traducir desde o inglés á lingua nativo-americana seneca, que posúe un maior rango de matices e que aínda continúa evolucionando.

Fonte: Press Connects

Un total de 540 profesores brasileiros de inglés fará cursos de perfeccionamento nos Estados Unidos

Un total de 540 profesores de inglés en escolas públicas dos distintos estados brasileiros embarcarán con destino aos Estados Unidos para realizar un curso de perfeccionamento da lingua.

Fonte: Coletivo

A aprendizaxe de linguas comeza antes do nacemento

É posible que os bebés comecen a aprender as súas linguas maternas antes de ver as caras das súas nais. Segundo os investigadores, os bebés acabados de nacer reaccionan de forma distinta aos sons vocálicos da súa lingua materna e aos de linguas estranxeiras, o que suxire que a aprendizaxe comeza no ventre materno.

Fonte: Science News

Croacia porá sinais en alfabeto cirílico para os serbios da vila de Vukovar

Os croatas usan o alfabeto latino, mentres que a maioría dos serbios usa o cirílico, porén, ambos comparten a mesma lingua. Por este motivo, o Goberno croata decidiu introducir sinais escritas en alfabeto latino e cirílico para respectar os dereitos lingüísticos dos serbios da vila de Vukovar.

Fuente: BBC

Demandan máis clases de lingua vietnamita en Taiwán

O Goberno de Taiwán debe facilitar o acceso á aprendizaxe da lingua vietnamita debido aos crecentes lazos con Vietnam e a que cada vez a poboación vietnamita é maior en Taiwán.

Fonte: Focus Taiwan

Os balineses loitarán por protexer a súa lingua

Dada a intención do Ministerio de Educación e Cultura de revisar o currículo educativo de 2013, que inclúe a transformación das clases de inmersión na lingua local en clases de arte e cultura, os balineses demandaron manter as clases de lingua balinesa nos colexios.

Fonte: Bali Daily

A plataforma chinesa de microblogs Sina Weibo engade o inglés á súa interface

Sina Weibo, a plataforma chinesa de microblogs coñecida ás veces como “O Twitter de China”, comezou a ofrecer unha interface en lingua inglesa.

Fonte: Tech Crunch

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder