Mundo

Multan a varios policías estonianos por ter un baixo nivel da lingua oficial

A Inspección da Lingua Estoniana (Keeleinspektsioon) multou 67 axentes de policía do nordeste de Estonia, unha área cunha gran comunidade de falantes de ruso, por ter un coñecemento pobre da lingua oficial.

Fonte: Rapsi News

Elaboran un dicionario da lingua moxeña, falada en Bolivia

Os avós, caciques e falantes de San Ignacio de Moxos (Bolivia) reuniranse durante tres días para acordar e publicar un dicionario en lingua moxeña.

Fonte: La Razón

O polaco é a segunda lingua máis falada de Inglaterra e Gales, segundo un novo censo

O polaco é a segunda lingua máis falada en Inglaterra e Gales, segundo os novos datos achegados polo censo de 2011.

Fonte: The Independent

Os xogadores da selección de fútbol de Cabo Verde apoian a lingua portuguesa

Os xogadores da selección de fútbol de Cabo Verde aseguran que están contribuíndo á promoción da lingua portuguesa ao rexeitar dar entrevistas en ningunha outra lingua durante a Copa Africana de Nacións.

Fonte: Reuters

En Londres fálanse máis de 100 linguas diferentes

Os datos do censo confirman a crecente diversidade da poboación de Londres, xa que máis de 100 linguas diferentes se falan practicamente en cada un dos distritos que compoñen a cidade.

Fonte: London Evening Standard

Un embaixador alerta da desaparición do portugués como lingua de traballo da Unión Europea

O embaixador Francisco Seixas da Costa declarou, con motivo dun encontro para estimular a promoción mundial da lingua portuguesa na Academia das Ciencias de Lisboa, que "como lingua de traballo, o portugués desaparecerá paulatinamente da Unión Europea".

Fonte: Público

O gaélico manés renace na illa de Man

A pesar de estar considerada unha lingua extinta, o gaélico manés, a lingua nativa da illa de Man, está experimentando un forte renacemento.

Fonte: BBC

Google Translate incluirá a lingua kazakhistana a finais de 2013

Google Translate, un dos sitios de tradución automática máis coñecidos do mundo, ofrecerá traducións en lingua kazakhistana a finais de 2013.

Fonte: Tengri News

Internet ameaza 50 anos de avances lingüísticos para o francés de Canadá

As leis a prol da lingua francesa en Canadá garantiron a vitalidade e difusión do francés. Porén, internet está presentando novos retos para a vitalidade da lingua no Goberno federal, tal como informou o Comisario Canadense de Linguas Oficiais.

Fonte: Metro

O Instituto Camões certificará probas de lingua portuguesa para a adquisición da nacionalidade

O Instituto Camões pasará a certificar as entidades autorizadas para realizar no estranxeiro as probas de lingua portuguesa que constitúen un requisito para a adquisición da nacionalidade portuguesa, ata agora realizadas nos consulados.

Fonte: Correio da Manhã

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder