Mundo

Un dicionario tenta preservar a lingua asiática mien

Un lingüista estadounidense, Herbert Purnell, acaba de compilar un dicionario mien-inglés que axudará a preservar a lingua asiática mien, en perigo de desaparición. A obra é un compendio de 855 páxinas que inclúe máis de 5600 palabras.

Fonte: The Sacramento Bee

A canle de televisión TV5 Québec Canada contribúe a preservar a lingua francesa en Canadá

Fortalecida polo éxito do seu primeiro ano en liña e caracterizada pola diversidade e riqueza dos seus contidos educativos, FRANCOLAB, a plataforma electrónica gratuíta desenvolvida pola canle de televisión TV5 Québec Canada, estase a converter nun habitual recurso para profesores e estudantes de francés en todas as provincias e territorios de Canadá.

Fonte: CNW Canada Newswire

Haití propón o francés como lingua oficial da Comunidade do Caribe (Caricom)

Haití, que alberga o novo cumio de xefes de Estado e de Goberno da Comunidade do Caribe (Caricom), proporá que o francés sexa recoñecido como lingua oficial desta organización, declarou un ministro do país.

Fonte: Terra

Segundo os datos de 2012, o éuscaro ocupa a 51ª posición na clasificación das linguas do mundo

Tal e como sinala o barómetro-observatorio de Calvet, que avalía anualmente o peso real das linguas do mundo e que o ano pasado analizou 563 linguas con máis de 500 000 falantes, o éuscaro ocupa a 51ª posición na clasificación das linguas do mundo.

Fonte: Euskara

Alumnos indíxenas demandan libros didácticos en lingua hup na Amazonia brasileira

Sen libros didácticos específicos na lingua hup, os alumnos indíxenas da etnia hupd’äh enfróntanse a dificultades para a preservación do idioma nativo na área do Alto Río Negro, que se sitúa na rexión norte do Amazonas brasileiro.

Fonte: G1 Amazonas

A lingua tártara de Crimea está a punto de desaparecer pola falta de escolas que a ensinen

Só 15 escolas ensinan a lingua tártara en Crimea (Ucraína) e unicamente o 16 % dos rapaces ten acceso ao ensino nesta lingua. Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, a asociación de docentes Maarifchi está organizando por toda Crimea seminarios para establecer medidas concretas que resolvan o problema do ensino na lingua materna.

Fonte: World Bulletin

Medra a diversidade lingüística na rexión de Helsinqui

Unha estimación da cidade de Helsinqui mostra unha proxección moito máis internacional da capital finlandesa nos próximos vinte anos. Ruso, estoniano e as linguas asiáticas son os idiomas maternos máis estendidos entre os seus residentes.

Fonte: Uutiset

O Goberno Federal mexicano convida a reflexionar sobre a situación das linguas indíxenas en México

Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, que se celebra o 21 de febreiro, o Goberno Federal de México, a través do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), realizará diferentes actividades destinadas a impulsar políticas públicas no ámbito da promoción lingüística.

Fonte: La Tarde

Celébrase o Día Internacional da Lingua Materna

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) co obxectivo de promover a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüismo.

Fonte: Angola Press

Publícase en Portugal un dicionario caboverdiano-portugués

Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, publicarase por primeira vez en Portugal un dicionario caboverdiano-portugués que, segundo o seu autor, mostra a lingua portuguesa como unha das bases do crioulo.

Fonte: Angola Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder