Mundo

Lanzan unha campaña para protexer a ortografía do polaco

Lingüistas lanzan unha campaña para protexer as marcas diacríticas da lingua polaca que están ameazadas polo uso das novas tecnoloxías.

Fonte: Newser

O partido político Quami Watan de Paquistán promete a oficialidade para a lingua paxtún na provincia Khyber Pakhtunkhwa

O presidente do partido Quami Watan (QWP), na provincia paquistaní de Khyber Pakhtunkhwa, declarou que o paxtún será lingua oficial na provincia se o partido gaña as seguintes eleccións xerais.

Fonte: The Frontier Post

Aborixes chilenos convocan unha marcha para defender a lingua mapuche

A comunidade indíxena chilena esíxelles aos chilenos participar na mobilización nacional pola defensa, uso, promoción e revitalización do "mapuzugun" (lingua mapuche).

Fonte: HispanTV

O congreso nacional das Xuventudes Socialistas de Portugal aproba preservar a lingua mirandesa

O congreso nacional das Xuventudes Socialistas aprobou por unanimidade unha moción titulada "O Mirandés" co fin de garantir a preservación da segunda lingua oficial en Portugal.

Fonte: DN

Defenden a preservación da lingua tibetana en China

Os tibetanos marcaron unha data especial no calendario para promover o uso da lingua tradicional tibetana en China, reivindicando un uso sen influencias do chinés co fin de recuperar a identidade tibetana.

Fonte: Radio Free Asia

As linguas indíxenas do Brasil corren o risco de desaparecer

Entre todas as linguas faladas polos pobos indíxenas no Brasil algunhas corren o risco de desaparecer, segundo mostra un estudo realizado en novembro de 2012.

Fonte: Terra

O Concello escocés de Angus presenta un programa para a promoción da lingua gaélica

O Concello escocés de Angus presentou o primeiro programa de protección da lingua gaélica que fixa as aspiracións en materia lingüística para os próximos cinco anos. O obxectivo é contribuír á visión do Goberno escocés á hora de garantir un futuro para a lingua.

Fonte: The Courier

Ponse en dúbida a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas en Francia

O presidente da Asemblea Nacional francesa admite que os socialistas non poderán mudar a Constitución e engadir unha referencia ás linguas rexionais francesas, requisito "ineludible" para ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas. Por este motivo, algúns partidos políticos conclúen que o presidente Hollande está abandonando a súa promesa electoral.

Fonte: Nationalia

O Goberno do País de Gales rexeita os requisitos que garantirían máis dereitos para os falantes de galés

O ministro de Lingua Galesa rexeita os novos requisitos legais que garantirían que os falantes de galés puidesen empregar esta lingua ao se dirixiren aos servizos públicos ou a empresas privadas.

Fonte: BBC

O Festival Literario de Macau achega as culturas chinesa e portuguesa

Nun territorio que é un lugar de cruzamento entre Oriente e Occidente crébase a distancia entre dúas linguas: portugués e chinés. A segunda edición do Festival Literario de Macau (China) conta con máis de 30 autores lusófonos e chineses, da literatura ao cinema pasando pola música e as artes plásticas.

Fonte: Público

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder