Mundo
O Congreso Mundial de Comunidades Tártaras adopta unha resolución para protexer a lingua e a cultura tártaras
O Congreso Mundial de Tártaros (DTK) adoptou unha resolución para preservar a lingua, cultura, relixión e tradicións tártaras, que será enviada ao presidente de Rusia.
Intentan salvar catro linguas indíxenas do estado de Veracruz, en México
A través de campañas de lectura búscase rescatar os catro dialectos da Zona Huasteca e preservar a lingua de orixe nesta zona do estado de Veracruz.
Fonte: Conexión Total
A petición que solicita o recoñecemento da lingua de signos estadounidense acada as sinaturas para obter resposta da Casa Branca
A petición que recoñece oficialmente a lingua de signos estadounidense como unha “lingua da comunidade” e unha “lingua de educación nos colexios” recolleu máis de 27 000 sinaturas en menos dun mes. As solicitudes necesitan un mínimo de 25 000 sinaturas antes de que a Casa Branca emita unha resposta oficial.
Fonte: US News
O primeiro ministro de Gales quere que os estudantes falen galés fóra das aulas
O próximo reto para a lingua galesa será asegurarse de que os mozos a falen fóra da clase, segundo o primeiro ministro de Gales, Carwyn Jones.
Fonte: BBC
Os alumnos de secundaria de Mumbai poderán facer os exames de ciencias na lingua da súa elección
Os alumnos que estuden ciencias en educación secundaria en Mumbai poderán facer os seus exames de matemáticas, física, química e bioloxía en maratí, hindi e urdú, ademais de en inglés.
Fonte: Hindustan Times
Os médicos estranxeiros que traballan en Irlanda enfróntanse a novos exames para demostrar o seu nivel de inglés
Os novos doutores que traballan nos hospitais irlandeses terán que demostrar o seu nivel de inglés debido aos novos e estritos requirimentos lingüísticos esixidos no país.
Fonte: Herald
A educación en portugués axuda a consolidar esta lingua en Timor Leste
A lingua portuguesa recupera pouco a pouco a forza en Timor Leste debido, principalmente, a un plan de introdución en educación primaria e secundaria. A partir de 2013, tamén acadará a formación universitaria na ex-colonia portuguesa.
Fonte: Terra
As porcentaxes do censo da lingua galesa amosan datos "aproximados"
Os datos publicados amosan unha caída do 2 % no número de persoas que falan galés, baixando ao 19 % da poboación de Gales. Porén, o antigo presidente do Consello da Lingua Galesa, Elis-Thomas, desestimou os resultados sobre a lingua e calificounos de "porcentaxes aproximadas".
Fonte: BBC
O presidente de Cazaquistán propón a tarefa de trasladar a lingua cazaque ao alfabeto latino antes de 2025
O presidente Nursultan Nazarbayev propúxolle ao Goberno a tarefa de comezar a preparar a transición da lingua cazaque ao alfabeto latino antes de 2025. Actualmente, o alfabeto utilizado por esta lingua é o cirílico.
Fonte: Tengri News
Os estudantes opóñense á retirada da lingua balinesa das escolas indonesias
Centos de estudantes de varias universidades públicas e privadas de Balí manifestáronse para protestar contra o plan do goberno central de eliminar a lingua balinesa do currículo.
Fonte: Jakarta Post
Boletín
Subscríbase ao boletín