Mundo
O Papa crea a Academia Pontificia da Latinidade para potenciar o latín
O papa Bieito XVI creou a Academia Pontificia de Latinidade, que estará dedicada a promover a lingua e a cultura latinas e o seu correcto uso no ámbito eclesiástico.
Fonte: La Razón
O tagalo é a lingua que máis rápido crece en Canadá
O tagalo é na actualidade a lingua que máis rapidamente crece en Canadá, segundo o primeiro ministro do país, Stephen Harper, que tamén asegurou que as comunidades filipinas son as que máis medran en Canadá, incluso nas áreas máis afastadas e remotas.
Fonte: Phil Star
Un quinto dos croatas non fala lingua estranxeira ningunha
Arredor dun quinto da poboación croata non fala unha lingua estranxeira. Dos cidadáns que aseguraron falar polo menos unha, o 81 % indicou que falaba inglés, o 49 % alemán, o 24 % italiano, o 12 % español e o 9 % ruso.
Fonte: Dalje
Debaten en Brasil se darlles máis importancia ás linguas estranxeiras na educación básica
A Comisión de Educación, Cultura e Deporte de Brasil debate aprobar un proxecto de lei que establece a fluidez oral como un dos obxectivos do ensino de linguas estranxeiras na educación básica.
Fonte: Sonda Brasil
Microsoft Research está a traballar nun tradutor de voz-a-voz
Nos últimos días o enxeñeiro de Microsoft Research, Rick Rashid, amosou en China unha nova tecnoloxía de que están a desenvolver e que permitiría a tradución de linguaxe natural en poucos segundos, destacando por ser unha solución voz-a-voz que non se limitaría a recoñecer ordes como a meirande parte dos sistemas actuais, senón que actuaría como un intérprete.
Fonte: Código Cero
A Academia da Lingua de Estados Unidos crea un premio á difusión do español
A Academia Norteamericana da Lingua Española anunciou a creación do premio Enrique Anderson Imbert, co que galardoar a traxectoria de quen contribúe á difusión e coñecemento do español en Estados Unidos.
Fonte: ABC
O Departamento de Saúde de Filipinas introduce a lingua de signos filipina no sistema sanitario
O Departamento de Saúde de Filipinas lanzou o primeiro módulo de lingua de signos filipina nun esforzo por proporcionarlles servizos médicos máis eficaces aos pacientes xordos.
Fonte: Philstar
O ensino do español como lingua materna está moi anticuado, segundo un estudo
O ensino do español como lingua materna no mundo hispánico “parece do século XIX”, o que se traduce nun empobrecemento do uso do idioma, segundo un estudo emprendido pola Asociación de Academias da Lingua Española.
Fonte: La información
Empregados públicos do Concello francés de Perpiñán estudarán catalán
Os empregados públicos do Concello de Perpiñán (Francia) recibirán clases de catalán, segundo un acordo subscrito polo consistorio, o Consorcio pola Normalización Lingüística (CPNL) e a Consellería de Cultura da Generalitat.
Fonte: Ecodiario
Promoven a lingua telugu na India
O Goberno do estado de Andhra Pradesh, na India, promoverá a lingua e a cultura telugu, ademais de aumentar a conciencia sobre a IV Conferencia Internacional sobre a Lingua Telugu.
Fonte: The Hindu
Boletín
Subscríbase ao boletín