Mundo

A Secretaría de Educación Pública de Hidalgo (México) imparte cursos en linguas maternas

Con estas accións búscase fortalecer a identidade de máis de 41 784 nenos indíxenas de primaria ao estudar as linguas náhuatl, hñahñú e tepehua, en 611 escolas.

Fonte: Sexenio Hidalgo

O 20 % dos canadenses fala unha lingua diferente do inglés e o francés

Un de cada cinco canadenses, ou case 6 630 000 persoas, fala unha lingua diferente do inglés e o francés, as dúas linguas oficiais de Canadá, segundo os datos do censo de 2011.

Fonte: AFP

Filipinas introducirá o español como lingua estranxeira no ensino secundario

Filipinas incorporará o español como lingua estranxeira ao currículo do seu ensino secundario no trienio 2013-2016.

Fonte: El Economista

Unha clasificación considera que o nivel de inglés dos brasileiros é moi baixo

A punto de acoller o Mundial de Fútbol de 2014 e os Xogos Olímpicos de 2016, Brasil presentou uns dos peores resultados nunha clasificación internacional sobre coñecemento de inglés.

Fonte: Bonito Notícias

A ministra de Inmigración de Quebec considera que o bilingüismo non debería ser un requisito para encontrar traballo

Os inmigrantes de países francófonos e latinoamericanos non conseguen traballo en Montreal porque non falan inglés e, en consecuencia, deben buscalo noutro lugar, algo co que a ministra de Inmigración de Quebec non está de acordo.

Fonte: Montreal Gazette

Tres linguas do estado mexicano de Chiapas están en alto risco de desaparecer

Atópanse en alto risco de desaparecer primordialmente tres linguas indíxenas no estado de Chiapas: o mam, chol e kakchiquel. Isto é sumamente preocupante porque forman parte da diversidade e patrimonio cultural da rexión.

Fonte: El Siete

Máis de 18 millóns de persoas estudan español en todo o mundo

Na actualidade, máis de 18 millóns de persoas estudan o idioma de Cervantes en todo o mundo, unha cifra que crece cada ano grazas á importancia dunha lingua que figura como o segundo idioma máis empregado en comunicación internacional.

Fonte: La Razón

Andorra pide a España que instale un Instituto Cervantes no Principado

A pesar de que a lingua oficial é o catalán, existen cinco escolas españolas pero aumenta a demanda para coñecer o idioma e a cultura españolas.

Fonte: ABC

O partido SDL das illas Fiji quere que a lingua itaukei sexa un requisito para acceder á Administración pública

O partido SDL quere que a fluidez en lingua itaukei sexa un requisito para acceder a un posto na Administración publica das illas Fiji.

Fonte: Fiji Village

Ensinan español a indíxenas amazónicos co obxectivo de reducir o analfabetismo

Un grupo de mestres peruanos instruirá a indíxenas amazónicos na súa propia lingua e ensinaranlles español como parte dunha agresiva política do goberno para reducir o analfabetismo e impulsar unha educación intercultural bilingüe nas comunidades nativas.

Fonte: El Economista

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder