Mundo
Ecuador presenta o seu primeiro dicionario de lingua de signos para persoas xordas
O Goberno de Ecuador presentou o seu primeiro dicionario de lingua de signos, dirixido a persoas con discapacidade auditiva e para fortalecer o sistema educativo para ese colectivo.
Fonte: Qué!
O defensor da lingua de Canadá criticou institucións federais por non ofrecer servizos bilingües
Elections Canada e Air Canada están entre as institucións federais criticadas por non cumprir os requisitos de ofrecer servizos bilingües, segundo un informe do defensor da lingua, que pertence ao goberno do país.
Fonte: Calgary Herald
Os xornais en inglés prosperan na India
Na India, o país con maior número de lectores en inglés, xornais coma o Times of India, Hindustan Times ou The Mirror non só están en boa forma, senón que se están expandindo. Segundo a enquisa de lectura máis recente do país, a tirada crece un 8 % ao ano.
Fonte: Ad Age
A Academia da Lingua Guaraní busca incorporar este idioma aos carteis e sinais de Paraguai
A Academia da Lingua Guaraní, Ava Ñe'ê Rerekua Pavê, está abrindo camiño aos seus proxectos e obxectivos, entre eles, que os paraguaios e estranxeiros en Paraguai poidan ler a grafía guaraní en carteis de sinalización, materiais informativos e publicidade comercial.
Fonte: Última Hora
A tradución de “O principiño” á lingua otomí busca que os mozos volvan falar a súa propia lingua
A tradución d'O principiño ao otomí promoverá e fomentará que varios rapaces que xa non len na súa propia lingua volvan facelo.
Fonte: El Punto Crítico
Un programa de inmersión en lingua lakota para rapaces pretende revivir a cultura sioux
Unha serie de proxectos céntrase nos nenos pequenos nun esforzo por revitalizar a lingua lakota, falada pola tribo nativa americana sioux en Dakota do Norte e Dakota do Sur.
Fonte: Seattle Times
Os turistas británicos son os que peor falan linguas no estranxeiro
Ben porque esperan que noutros países falen un pouco de inglés ou simplemente por pura vagancia, unha enquisa recente de viaxeiros europeos revelou que só o 11 % dos británicos pode falar outras linguas con fluidez. Porén, sorprende aínda máis o feito de que o 22 % non poida articular unha única palabra noutro idioma.
Fonte: The Telegraph
Crean unha aplicación que traduce chamadas de teléfono en tempo real
Unha aplicación que ofrece traducións en tempo real permitirá aos xaponeses falar con estranxeiros por teléfono, aínda que ambos utilicen as súas linguas nativas durante a chamada.
Fonte: BBC
O chinés mandarín estase convertendo na segunda lingua preferida en Colorado
En Colorado, moitos estudantes están dicindo “adeus” á recente fuxida por aprender español e “huan ying” –ou benvida- á aprendizaxe do dialecto chinés que falan máis de 100 millóns de persoas fóra de China.
Fonte: Denver Post
As habilidades lingüísticas da policía de Bulgaria constitúen un problema para os turistas
Un dos maiores problemas que os turistas estranxeiros encontran en Bulgaria é a “barreira lingüística” que existe entre os visitantes e os axentes de policía, segundo informaron os diplomáticos estranxeiros ao ministro búlgaro de Interior.
Fonte: Novinite
Boletín
Subscríbase ao boletín