Mundo
O bérber logra un mellor papel en Windows 8 que nas institucións marroquís
A lingua bérber acaba de entrar no sistema operativo do novo Windows 8, pero aínda se atopa con moitas dificultades para ser admitida nas oficinas do Goberno de Marrocos, único país do mundo onde é lingua oficial.
Fonte: 20 minutos
As novas reformas do Goberno inglés incluirán clases de latín e grego obrigatorias para os nenos de sete anos
O latín e o grego serán impartidos nas escolas de primaria coas novas reformas do Goberno británico que tamén introducirán clases de lingua obrigatorias para nenos de sete anos.
Fonte: The Daily Mail
Twitter amosa como evolucionan as linguas
De onde veñen as novas palabras? Polo menos en Twitter, acostuman comezar nas cidades, cunha grande poboación afroamericana, antes de estenderse, segundo un estudo da lingua usada na rede social.
Fonte: NewScientist
Vietnam avaliará a calidade dos profesores de linguas estranxeiras
O Ministro de Educación e Formación de Vietnam avaliará a calidade dos profesores de linguas estranxeiras de nivel superior e elaborará un plan de formación para futuros profesores.
Fonte: Vietnam Net
Gmail suma a súa primeira lingua nativa americana, o cheroqui
Gmail xa está dispoñible en cheroqui. Isto significa que o servizo de correo electrónico xa está dispoñible en 57 idiomas.
Fonte: Intel Dig
O portugués é a lingua que máis crece en Facebook
Por ser o idioma máis falado do mundo, cabería esperar que o inglés fose o máis usado tamén nos perfís de Facebook. Porén, esta tendencia está cambiando dado que o portugués se converteu na lingua que máis crece na rede social.
Fonte: Diario Digital
Promoverán o uso da lingua córnica no condado de Cornualles
A Fraternidade da Lingua Córnica nomeou a un novo oficial de desenvolvemento para axudar as asociacións a usar o córnico. A súa función será axudar e animar as organizacións a usar a lingua córnica nos seus materias de promoción e nas súas actividades diarias.
Fonte: This is the West Country
O Goberno de Gales lanza unha nova estratexia para impulsar o uso do galés na sanidade
O Goberno de Gales lanzou unha nova estratexia deseñada para reforzar o uso da lingua galesa en sanidade. O principal obxectivo desta medida é que os falantes de galés, as súas familias e o persoal sanitario poidan expresar as súas necesidades sanitarias na súa lingua nativa.
Fonte: Wales Online
O director do Instituto Cervantes advirte de que o español é visto en Estados Unidos como algo de inmigrantes
Víctor García de la Concha, director do Instituto Cervantes, advertiu de que o idioma español en Estados Unidos ten un problema de clase; é visto como algo de inmigrantes e quizá por iso non se lle dá a importancia necesaria.
Fonte: El Economista
As persoas xordas piden que se aprobe a lei de lingua de signos arxentina
Persoas xordas, xunto aos seus familiares e amigos, asistiron á Lexislatura provincial de Neuquén para reclamar a aprobación dunha lei de signos arxentina.
Fonte: Tecno Sord
Boletín
Subscríbase ao boletín