Mundo

A canle de televisión en galés S4C estuda a posibilidade de incluír inglés para aumentar a súa audiencia

O director executivo de S4C, canle de televisión en lingua galesa, está considerando a posibilidade de engadir unha voz en off en inglés en determinados programas para chegar a unha audiencia maior.

Fonte: BBC

A maioría dos inmigrantes acerbaixanos en Rusia coñece a lingua rusa

A maioría dos inmigrantes acerbaixanos en Rusia non ten problemas porque sabe ruso, segundo informou a vicepresidenta do Consello da Federación da Asemblea Nacional Rusa á prensa.

Fonte: Trend

Esixen que a oficialidade do urdú se aplique en Paquistán

Os oradores dun seminario celebrado en Islamabad reclámanlle ao Goberno de Paquistán que aplique a todos os efectos o status do urdú como lingua oficial para manter a identidade dos cidadáns e do país.

Fonte: The News

Os inmigrantes reivindican un maior investimento do Goberno portugués no ensino da lingua portuguesa

Promotores socioculturais das comunidades lusófonas alertaron do feito de que os inmigrantes queren máis investimento do Estado en lingua portuguesa.

Fonte: A.23 Online

Indonesia corre o risco de perder 150 dialectos

Un mínimo de 150 dialectos de Indonesia corren o risco de extinguirse ante o desinterese das autoridades por educar á súa poboación e eliminar a pobreza rural dun país con preto de 800 linguas.

Fonte: Prensa Latina

Turquía permitirá o uso da lingua kurda nos xulgados

Parece que os partidarios do kurdo conseguiron o seu obxectivo de poder usar a súa propia lingua nos xulgados, despois de que o Goberno dixese que pronto enviará unha proposta de lei ao parlamento sobre esta cuestión.

Fonte: Reuters

Paraguai crea a primeira academia de lingua indíxena en América

O Goberno de Paraguai informou sobre a creación da Academia da Lingua Guaraní, a primeira deste tipo en América, que unificará os criterios sobre o uso desta lingua, oficial en Paraguai xunto co español.

Fonte: Exame

Un total de 25 estados de Estados Unidos proporcionaron papeletas en diferentes idiomas nas eleccións

Os documentos das eleccións dos Estados Unidos non estiveron dispoñibles só en inglés. En 25 estados, 248 condados proporcionaron papeletas e outros documentos en diferentes linguas.

Fonte: Voice of America

Un concelleiro da localidade escocesa de Moray lanza un blog na lingua dórica, do nordeste de Escocia

Un concelleiro da localidade escocesa de Moray lanzou un blog inspirado na lingua dórica, no que planea detallar o seu traballo nesta lingua do nordeste.

Fonte: Scotsman

A Universidade de Highlands and Islands estuda o uso do gaélico polas familias

O gaélico domina as conversas dos membros da familia con idades entre 53 e 71, mentres que as segundas e terceiras xeracións (con idades entre 16-37 e 3-7) utilizan principalmente o inglés. Os investigadores tamén observaron que os adultos falan aos nenos en gaélico, e que estes lles responden nesta lingua.

Fonte: BBC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder