Mundo

Presentan en México un proxecto para aprender a lingua purépecha

O Instituto Tecnolóxico Superior Purépecha presentou o proxecto sobre creación de material didáctico para a aprendizaxe da lingua purépecha.

Fonte: Cambio de Michoacán

O embaixador de Angola inaugura unha escola de linguas vernáculas en Lausana que ensina kikongo, kimbundu e portugués

O embaixador de Angola na Confederación Suíza, Osvaldo Varela, inaugurou en Lausana unha escola pública deseñada para ensinar as linguas kikongo, kimbundu e portugués.

Fonte: Agência Angola Press

Tailandia lanzará unha televisión en yawi, a lingua dos musulmáns do sur

O Goberno de Tailandia aprobou o lanzamento dunha canle de televisión en yawi, o dialecto malaio falado pola minoría musulmá no sur do país, sumido nun violento conflito separatista.

Fonte: ABC

O Vaticano engadirá a lingua árabe á audiencia semanal do Papa

O Vaticano engadirá o árabe ás linguas faladas na audiencia pública semanal do Papa Bieito XVI de cada mércores, como forma de expresar o seu apoio aos cristiáns de Oriente Medio.

Fonte: Times Online

As escolas de Primaria da cidade portuguesa de São João da Madeira ensinarán mandarín

Todas as escolas de primeiro ciclo da cidade portuguesa de São João da Madeira van ofrecer clases de mandarín aos nenos. O idioma dominante en China vaise introducir no currículo escolar local co obxectivo de anticipar futuros contactos comerciais co “maior mercado da humanidade”.

Fonte: Boas Notícias

O español é a segunda lingua franca do mundo

Grazas ao rápido crecemento do número de persoas que teñen o español como idioma materno e, sobre todo, ao innúmero incremento dos que o adquiren como segunda ou terceira opción lingüística, o español afírmase como segunda lingua de comunicación internacional ou de intercambio.

Fonte: ABC

O Goberno de Brasil utiliza unha lingua indíxena por primeira vez nunha campaña contra a sida

Brasil utilizou unha lingua indíxena por primeira vez nunha campaña que pretende frear a violencia contra as mulleres e o avance do VIH.

Fonte: The Washington Post

Crece en Escocia o número de sinais escritos en gaélico

John Macleod, presidente de An Comunn Gàidhealach (o organismo que representa á lingua gaélica), afirmou estar feliz de ver como cada vez máis compañías usan sinais en gaélico e inglés, incluídas algunhas ás que non están obrigados por lei. Escribir as sinais en gaélico pode ser bo para os negocios ademais de axudar a acelerar e revivir esta lingua en perigo.

Fonte: Scotsman

A Fundación Ciclista Euskadi defenderá en Italia o uso do éuscaro no deporte

Miguel Madariaga, presidente da Fundación Ciclista Euskadi, e Iñigo Urretxua, membro desta entidade, viaxarán á localidade italiana de Udine, para formar parte nun encontro europeo sobre diversidade lingüística e deporte ofrecendo unha charla baixo o título ‘Nuestro trabajo-Gure lana’.

Fonte: Europa Press

O New York Times lanzará unha páxina web en portugués

O New York Times lanzará unha páxina web en portugués o próximo ano como parte dos seus plans de expansión mundial cara a Brasil.

Fonte: The Herald Sun

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder