Mundo
Os nenos e nenas europeos comezan a aprender linguas estranxeiras cada vez máis cedo
Os nenos e nenas europeos comezan a aprender linguas estranxeiras cada vez máis cedo. A maioría inicia a aprendizaxe entre os seis, como en Portugal, e os nove anos, segundo un informe publicado pola Comisión Europea.
Fonte: Jornal de Notícias
A lingua portuguesa pode volver a espertar interese en Xapón
O aumento do contacto directo de xaponeses con brasileiros nos últimos anos, en función de factores como a globalización e a importancia que o Brasil vén gañando no panorama internacional, poden espertar de novo o interese polo ensino e a aprendizaxe da lingua portuguesa en Xapón.
Fonte: Planeta Universitário
O romanés convértese en lingua rexional da rexión ucraína de Transcarpacia
O romanés foi declarado lingua rexional na localidade ucraína de Bila Tserkva (Biserica Alba en romanés) pertencente ao distrito de Rakhiv, na rexión de Transcarpacia. A lingua empregarase en oficinas e documentos administrativos.
Fonte: Interfax
En 2015 os internautas chineses superarán os de fala inglesa
En 2015 o número de usuarios de internet que accedan á rede en chinés superará a aqueles que o fan en inglés, segundo un informe elaborado pola Comisión de Banda Larga das Nacións Unidas.
Fonte: The Telegraph
Un plan ameazará a educación en lingua maorí de Nova Zelandia
A educación en lingua maorí verase reducida se seguen adiante as propostas que pretenden recortar o 70 % das clases de inmersión lingüística e bilingües. O Ministerio de Educación neozelandés suxeriu o peche ou a fusión de sete escolas da cidade de Christchurch que ofrecen ensino en maorí.
Fonte: Stuff.co.nz
Un acordo entre a Fundación Gulbenkian e o Instituto Cultural de Macau pretende divulgar a cultura portuguesa
A Fundación Calouste Gulbenkian e o Instituto Cultural de Macau asinarán en Lisboa un protocolo de cooperación para a divulgación da cultura portuguesa no territorio asiático.
Fonte: Ionline
O Goberno canadense aplicará a partir de novembro as novas normas de competencia lingüística para estranxeiros
A partir do mes de novembro, as persoas doutras nacionalidades que aspiren a converterse en cidadáns canadenses deberán presentar unha proba tanxible das súas competencias lingüísticas en inglés e francés.
Fonte: News1130
O uso dos computadores podería pór en risco a escritura dos caracteres kanji en xaponés
A Axencia xaponesa de Asuntos Culturais anunciou que se levou a cabo un estudo para coñecer o uso que a opinión pública fai da lingua xaponesa. En comparación con hai dez anos, a proporción de persoas que ten dificultades para escribir os caracteres kanji incrementouse un 25,2 %.
Fonte: Blogosfere
A Feira do Libro de Antropoloxía e Historia de México ofreceralles aos nenos un taller sobre lingua maia
Trabalinguas, adiviñas, contos e cancións son algúns dos métodos cos que se ensinará maia aos nenos, no taller infantil “Ki’iin, tempo en maia”, que se impartirá no marco da vixésimo cuarta Feira do Libro de Antropoloxía e Historia.
Fonte: Milenio
Uns 21 000 rapaces estudarán kurdo por primeira vez en Turquía
Arredor de 21 000 alumnos dos últimos cursos de primaria estudarán por primeira vez a lingua kurda na clase, segundo os datos difundidos polo Ministerio de Educación Nacional de Turquía.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín