Mundo

Os falantes de shanghainés únense para evitar a extinción da súa lingua

Un pequeno grupo de especialistas, estudantes e residentes locais de Shanghai reúnense para evitar a extinción do seu dialecto, que ten raíces nunha das linguas faladas máis antigas de China.

Fonte: Telegraph

Un terzo dos estudantes do distrito londiniense de Kingston fala inglés como segunda lingua

Case un terzo dos rapaces das escolas de Kingston non fala inglés como lingua materna, segundo os últimos datos.

Fonte: This is Local London

Bollywood desenvolve un programa que indica a forma correcta de pronunciar palabras en urdú

Como tributo aos cen anos do cine indio, o Consello Nacional de Promoción da Lingua Urdú (NCPUL en inglés) está a desenvolver un programa informático para lograr unha pronuncia da lingua urdú o máis correcta e precisa posible.

Fonte: India Express

Aprender un segundo idioma axuda á inclusión educativa dos nenos de familias pobres

Un estudo demostrou que os rapaces bilingües de familias con poucos recursos teñen máis facilidade para dirixir e centrar a súa atención, en comparación cos nenos monolingües.

Fonte: Diário da Saúde

As escolas rurais de México incorporan a lingua maia ao seu programa educativo

A dirección de Educación Indíxena prepara un programa de reforzo de lingua maia como parte do seu ensino para o período 2012-2013. Tamén haberá un reforzo do coñecemento sobre o tema nos docentes para que poidan aplicar o programa cos estudantes.

Fonte: Sipse

Os traballadores dos parques de Canadá pasan apuros para atender os visitantes nas dúas linguas do país

Os empregados de Parques de Canadá poden dicir “ola” e “adeus” aos visitantes nas dúas linguas, pero pásano mal cando teñen que proporcionar servizos bilingües adicionais nos parques nacionais e sitios históricos, segundo un informe.

Fonte: O Canada

A compañía estadounidense de software educativo Noyo lanza a súa primeira aplicación para iPad en lingua portuguesa

Noyo, unha compañía de software educativo con base en Boston, anuncia que o portugués será a lingua da súa próxima serie de material en lingua estranxeira, tras o éxito do lanzamento en español.

Fonte: redOrbit

Lanzan unha campaña en sete linguas diferentes para impulsar o voto surasiático nas eleccións dos Estados Unidos

Unha coalición de organizacións de comunidades sudasiáticas lanzou unha campaña nacional apartidista, chamada Vote! (Votade!), en sete linguas do sur de Asia para impulsar o voto da comunidade nas eleccións que se celebrarán no país americano o 6 de novembro.

Fonte: Two Circles

Unha escola irlandesa gaña un premio europeo de lingua por un curso de irlandés xurídico

A escola irlandesa Law Society (Sociedade xurídica) recibirá o Selo Europeo das Linguas 2012 polo seu curso de irlandés xurídico.

Fonte: Irish Times

España premia sete centros educativos de Estados Unidos pola súa promoción do español

A Embaixada de España en Estados Unidos premiou sete colexios do país pola súa contribución a reforzar o papel do español como primeira lingua estranxeira en Estados Unidos a través de programas de inmersión ou bilingües.

Fonte: La Información

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder