Mundo

Os organismos públicos brasileiros terán que traducir os documentos divulgados en lingua estranxeira

A presidenta de Brasil, Dilma Rousseff, sancionou unha lei que regula a publicación de documentos en lingua estranxeira en páxinas de Internet mantidas por organismos públicos. A norma determina que sempre que se divulgue un documento en lingua estranxeira neses medios, debe haber unha versión traducida ao portugués.

Fonte: Olha Direto

Corea do Sur proporcionará formación lingüística a traballadores tailandeses

Tailandia e Corea do Sur xuntaron esforzos para proporcionar formación lingüística aos tailandeses que queiran traballar en Corea do Sur.

Fonte: Bernama

O Goberno de Bolivia promulgou unha lei en defensa das linguas orixinarias do país

O presidente Evo Morales promulgou a Lei xeral de dereitos e políticas lingüísticas, que iguala todos os idiomas de Bolivia.

Fonte: Prensa Latina

Os indíxenas guatemaltecos terán acceso a Facebook na súa lingua

Os indíxenas guatemaltecos kakchiquel terán acceso á rede social Facebook na súa lingua autóctona grazas a unha aplicación desenvolvida por enxeñeiros informáticos estadounidenses.

Fonte: Terra

Retoman un proxecto de lei para converter o inglés na única lingua oficial dos Estados Unidos

Os partidarios da lei din que ter unha lingua oficial aumentaría a unidade e a claridade nacional e aforraría diñeiro.

Fonte: East Valley Tribune

Cinco estudantes irlandeses gañan un premio europeo por unha aplicación para teléfonos intelixentes sobre a lingua de signos

Cinco estudantes irlandeses gañaron o premio á mellor compañía europea do ano cunha aplicación para teléfonos intelixentes que axuda a ensinar a lingua de signos.

Fonte: Irish Times

A Semana da Lingua das Illas Cook destaca a importancia da educación bilingüe en Nova Zelandia

Os actos que compoñen a Semana da Lingua das Illas Cook destacan a importancia das linguas indíxenas e a educación bilingüe en Nova Zelandia.

Fonte: Pacific Scoop

A Asociación dos Comités Nacionais Olímpicos de África adopta o portugués como lingua de traballo

O portugués é, a partir de agora, unha das catro linguas de traballo da Asociación dos Comités Nacionais Olímpicos de África (ACNOA), segundo acordou o organismo en asemblea extraordinaria.

Fonte: Agência Angola Press

Só o 6,6 % da poboación mexicana fala unha lingua indíxena

En México, só o 6,6 % da poboación de tres ou máis anos fala unha lingua indíxena, pero a tendencia estase a perder coas novas xeracións. Máis da metade das linguas indíxenas están moribundas ou tenden a desaparecer porque os maiores xa non llela ensinan ás novas xeracións.

Fonte: Noticieros Televisa

As escolas de Porto Rico serán bilingües o próximo curso

O ano académico en Porto Rico comezará co lanzamento dun proxecto piloto para ensinar algunhas materias en inglés en 32 escolas do país. O obxectivo final é que o programa se estenda a todo o sistema educativo nun prazo de dez anos.

Fonte: Fox News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder