Mundo
Mellorar os dereitos lingüísticos dos falantes de tamil en Sri Lanka axuda a manter a paz no país
Mellorar os esforzos prácticos por manter os dereitos lingüísticos de millóns de falantes de tamil en Sri Lanka pode xogar un papel fundamental no proceso de paz e reconciliación indefinida no país, segundo os analistas e activistas.
Fonte: Irinnews
Nativos americanos traballan para revitalizar as linguas indíxenas de California
California contaba no pasado con máis de 90 linguas e 300 dialectos nativos americanos, o que o convertía no estado con máis diversidade lingüística dos Estados Unidos. Hogano, só a metade desas linguas seguen vivas, Segundo os Defensores da Supervivencia das Linguas Indíxenas de California.
Fonte: SF Gate
Os directores dos Institutos Cervantes reivindican o español como primeira lingua internacional culta
Os directores do Instituto Cervantes em Chicago (Estados Unidos), Ignacio Olmos, e em Río de Xaneiro (Brazil), Antonio Martínez, reivindicaron o idioma español como a primeira lingua internacional e culta.
Fonte: ABC
Os estudantes estranxeiros da universidade india de Delhi terán mentores para superar a barreira lingüística
As facultades da Universidade de Delhi atraen a case 400 alumnos estranxeiros cada ano, pero preto do 40 por cento suspende porque son incapaces de superar a “barreira lingüística”. Para axudalos a superar os seus problemas, 20 facultades nomearon mentores e conselleiros.
Fonte: Indian Express
Guinea Ecuatorial queda fóra da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa de novo
O cumio de xefes de estado da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) acabou en Maputo sen a adhesión plena de Guinea Ecuatorial, posposta de novo pola organización.
Fonte: Sol
O parlamento ucraíno rexeita as propostas da oposición sobre a lei de linguas
O Parlamento ucraíno rexeitou as propostas da oposición que pretendían emendar a lei de linguas que daría ao ruso o status de lingua oficial nas rexións do país de fala maioritaria rusa.
Fonte: Radio Free Europe
A Universidade de California en Riverside forma a profesores para impartir clases bilingües
A medida que os distritos escolares dos Estados Unidos comezan ou expanden os programas de inmersión nos que os estudantes aprenden inglés e español, hai unha maior necesidade de profesores cualificados. A Universidade de California en Riverside e o distrito escolar unificado de Jurupa colaboran na celebración de clases de preparación para o certificado de desenvolvemento académico intercultural bilingüe para profesores.
Fonte: The Press Enterprise
O Instituto Cervantes ampliará a súa presenza nos Estados Unidos
O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, anunciou que a institución se fixou como prioridade a súa expansión en Estados Unidos, coa apertura de centros en Miami e Washington, consciente de que nos próximos anos “se xoga a función do español como segunda lingua” nese país.
Fonte: RTVE
O estado de Veracruz é pioneiro en elaborar un catálogo de linguas indíxenas
En México só existen catro estados con áreas específicas para a atención de grupos étnicos (Hidalgo, Oaxaca, Chiapas e Veracruz). Este ultimo destaca por se o primeiro cun catálogo de linguas indíxenas e as súas variantes lingüísticas.
Fonte: El Universal
Introducen un plan de uso da lingua guaraní na Secretaría de Acción Social de Paraguai
Os membros designados pola Secretaría de Acción Social e a Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai reuníronse co obxectivo de pór en marcha o plan que desenvolverá en tres niveis os cursos de Guaraní Comunicativo, dirixido a funcionarios da Secretaría de Acción Social.
Fonte: La Nación
Boletín
Subscríbase ao boletín