Mundo
Italia estrea unha nova páxina web educativa en versión bilingüe
Nun intento de abrir as universidades italianas a estudantes locais e internacionais, o Ministerio de Educación italiano presentou a primeira páxina web bilingüe que ofrece un listado de todos os cursos universitarios dispoñibles no país.
Fonte: New York Times
Tres universidades europeas impartirán lectorados sobre lingua e cultura valencianas
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) aprobou un convenio de colaboración co Instituto Ramón Llull para a promoción da lingua e a cultura valencianas a través de tres lectorados en universidades europeas.
Fonte: 20 minutos
Un total de 64 linguas indíxenas están en risco de desaparición en México
Un total de 64 dos 364 dialectos indíxenas de México están en “alto risco" de desaparecer, quedando menos de 100 falantes de cada una delas.
Fonte: Informador
A compañía HTC presta total apoio ás linguas hindi, tamil e maratí da India nos seus teléfonos intelixentes Android
HTC anunciou recentemente un apoio total a tres linguas indias (hindi, támil e maratí) dado que todos os teléfonos intelixentes HTC a partir da liña de 2012 presentarán estas linguas.
Fonte: Gigjets
Unha biblioteca dos Estados Unidos ofrece a posibilidade de aprender linguas en liña
Tanto se os usuarios o queren para ser plurilingües ou se o necesitan para aprender algunhas frases útiles para a súa próxima viaxe ao estranxeiro, o programa Mango Language, dispoñible a través da biblioteca Scarsdale é perfecto. Con máis de 50 linguas diferentes para adultos e a opción de escoller inglés como segunda lingua, Mango é adecuado, divertido e fácil de usar.
Fonte: Wetchester
A Biblia será traducida á lingua caló, falada por 680.000 xitanos en Brasil
O Novo Testamento será traducido á lingua xitana caló, falada por máis de 680.000 xitanos en Brasil. O proxecto vai ofrecer non só a evanxelización senón tamén a alfabetización dos xitanos.
Fonte: Gospel Prime
As habilidades lingüísticas dos tailandeses necesitan un grande impulso
Tailandia necesita que os seus habitantes melloren o seu nivel de inglés e chinés para prepararse con éxito para unha transición á Asociación de Nacións do Sudeste Asiático en 2015, confirma o deputado por Phuket, Rewat Arriob.
Fonte: Bangkok Post
Medra a popularidade mundial da lingua coreana
O ano pasado, máis de 10.000 persoas acudían aos Institutos King Sejong (os institutos de lingua nacionais de Corea no exterior), de forma que o número de estudantes rexistrados cando a escola da lingua se estableceu en 2009 dobrouse, segundo o Ministerio de Cultura coreano.
Fonte: Asian One
O borrador da Constitución de Cimbabue propón 16 linguas oficiais
O borrador da Constitución de Cimbabue, realizada por un selecto comité parlamentario, verá ao país surafricano adoptar 16 linguas oficiais fronte ás 3 actuais.
Fonte: The Zimbabwean
Vodafone ofrece clases gratuítas de maorí a través de teléfonos intelixentes para celebrar a Semana da Lingua Maorí
Vodafone ofrece a 50.000 clientes gratuítas de maorí nos seus teléfonos intelixentes a través dunha aplicación de tradución para celebrar a Semana da Lingua Maorí.
Fonte: Scoop
Boletín
Subscríbase ao boletín