Mundo

“The New York Times” lanza unha edición en chinés

O diario The New York Times estreou unha nova páxina de noticias en chinés coa que espera gañar aínda máis presenza internacional. A empresa editora pretende facerse un oco entre a crecente clase media en China e gañar a confianza dos lectores “educados, adiñeirados e cidadáns globais” que viven no país asiático.

Fonte: El País

Brasil considera un desafío formar profesionais en idiomas estranxeiros para atender os grandes acontecementos

Formar profesionais que dominen idiomas estranxeiros para atender turistas, empresarios, xornalistas, deportistas e representantes de delegacións internacionais durante o Mundial de Fútbol de 2014 e as Olimpíadas de 2016 é un desafío. Non hai datos oficiais dispoñibles que confirmen o déficit de persoas que falan inglés en Brasil, pero os estranxeiros que viven no país confirman que teñen certa dificultade para comunicarse.

Fonte: CenárioMT

O novo líder de Hong Kong causa polémica ao usar o mandarín en lugar do dialecto local

O novo líder de Hong Kong, Leung Chun-ying, creou polémica tan só minutos despois de xurar o cargo ao dar o seu discurso inaugural en mandarín en lugar de no dialecto local, o cantonés, falado pola maioría da poboación da cidade.

Fonte: China Real Time Report

Filipinas introduce clases de linguas estranxeiras nos institutos

Os estudantes de institutos públicos de Filipinas xa poden aprender mandarín como parte do programa especial en lingua estranxeira do departamento educativo. Ademais do mandarín, os estudantes de institutos públicos poden elixir xaponés, francés, alemán ou español.

Fonte: Channelnewasia

Un novo instituto impartirá lingua coreana na Universidade Nacional de Linguas Modernas de Islamabad

O Instituto King Sejong de Paquistán establecerase na Universidade Nacional de Linguas Modernas para impartir coreano no seu campus principal. O instituto será particularmente útil para que os traballadores consigan emprego en Corea, ademais de introducir novos coñecementos e oportunidade para os estudantes paquistanís.

Fonte: Tribune

A etnia chortí de Honduras pide a elaboración de textos na súa lingua

Co obxectivo de manter as súas tradicións, entre elas a súa lingua, os membros da etnia chortí, albergada no occidente de Honduras, solicitarán ás autoridades de Educación que se elaboren textos de estudo no dialecto chortí.

Fonte: La Prensa

O parlamento ucraíno aproba o proxecto da Lei de linguas

O parlamento ucraíno aprobou inesperadamente un proxecto de lei polo que se reafirma o estatus da lingua ucraína como a única lingua nacional do país, pero que permite a gobernos locais e rexionais dar o estatus de lingua oficial ao ruso e a outras linguas faladas, polo menos, por un dez por cento dos seus residentes.

Fonte: New York Times

Unha petición asinada por falantes de francés de diferentes países insta os francófonos a resistir as incursións do inglés

Un chamamento en liña declarou que o mundo francófono debe defender rotundamente a lingua de Molière e abandonar a súa “obsesión" co inglés. Os autores desta petición instaron a unha “estratexia” para reforzar o uso do francés así como dos lazos que unen os falantes de francés, e crear un mundo francófono que poida imaxinar con seguridade o seu futuro nun mundo multipolar.

Fonte: AFP

O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa defende a xestión conxunta para a promoción do portugués

O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, Gilvan de Oliveira, defendeu, nun coloquio sobre a presenza do portugués nas organizacións internacionais celebrado en Angola, unha xestión conxunta pero intensa das accións de promoción desta lingua.

Fonte: África 21 Digital

Unha lingua maia foi usada para promover a igualdade de xénero en Guatemala

Mam é unha lingua maia falada en Guatemala e México por aproximadamente 500.000 persoas. O Ministerio de Educación de Guatemala e o Programa Mundial de Alimentos formaron nesta lingua a máis de 300 profesores de escolas bilingües, para usar os libros de texto en Mam entre os estudantes para promover a igualdade de xénero, a seguridade alimentaria e a nutrición, entre outras cuestións.

Fonte: Trust

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder