Mundo

O español despraza o francés e o alemán como segunda lingua no ensino da maior parte de Europa

O español desprazou o francés e o alemán como segunda lingua no ensino na maior parte do continente europeo, segundo amosan as conclusións do proxecto da Fundación Telefónica sobre El valor económico del español publicado por Ariel.

Fonte: Europa Press

Turquía permite por primeira vez clases de kurdo na escola

O primeiro ministro de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, declarou que os colexios do país poderán ensinar a lingua kurda por primeira vez.

Fonte: BBC Mundo

A Asociación de Mestres de Porto Rico oponse ao plan de ensino en inglés

A presidenta da Asociación de Mestres de Porto Rico, Aida Díaz, dixo que a organización que encabeza está en contra do plan que pretende implantar o Executivo polo que o inglés substituirá, en parte, ao español como lingua do sistema educativo da illa caribeña.

Fonte: La Información

Guinea Ecuatorial quere adherirse á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa

Desde o 2007, o portugués é unha das linguas oficiais de Guinea Ecuatorial, xunto ao español e o francés. Desde entón, o país manifestou a súa intención de incorporarse á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: Hablemos de Guinea

Os afroamericanos perden oportunidades de traballo nos Estados Unidos por non ser bilingües

A pesar de que os afroamericanos están habituados a enfrontar todo tipo de desafíos no mercado laboral, un novo obstáculo está agora emerxendo: nalgunhas áreas, os traballadores negros non se consideran cualificados para os empregos porque non son bilingües. En áreas como Texas e Florida, onde a poboación falante de español é grande, prefírense os traballadores bilingües.

Fonte: Atlanta Black Star

O español consolídase como segunda lingua materna do mundo

O español é a segunda lingua materna do mundo, tras o chinés mandarín; a segunda lingua de comunicación internacional, tamén na rede, tras o inglés; e a segunda lingua adquirida nos países de lingua non inglesa.

Fonte: El Referente

A lingua é aínda un obstáculo para que os inmigrantes encontren emprego no sector sanitario de Finlandia

Non ter as habilidades lingüísticas necesarias dificulta a moitos profesionais con experiencia atopar traballo no sector da sanidade en Finlandia. Unha nova enquisa realizada polo Sindicato de Traballadores de Sanidade e Servizos Sociais, Tehy, tamén descubriu que máis dun cuarto dos inmigrantes que traballan en Sanidade din ter sufrido discriminación no posto de traballo.

Fonte: YLE

Dan clases de lingua portuguesa a traballadores haitianos en Brasil

O Servizo Social de Industria desenvolve un proxecto pioneiro de educación cun curso que busca ensinar o idioma e a cultura brasileiras aos haitianos, que respecte a identidade e os coñecementos dese pobo que busca oportunidades no estado brasileiro de Mato Grosso.

Fonte: Expresso MT

O Goberno de Canadá planea requirir aos futuros inmigrantes cualificados un mellor nivel de inglés ou de francés

Requirir que os novos inmigrantes falen inglés ou francés a un nivel máis alto mellorará as previsións económicas do país, segundo os ministros; pero hai persoas que temen que esta política favoreza a determinadas nacións.

Fonte: The Guardian

A Universidade do Ulster lanzará un novo servizo de información para apoiar o plurilingüismo en Irlanda do Norte

Un novo servizo para os educadores, profesionais da lingua e pais de nenos plurilingües foi establecido por lingüistas da Universidade do Ulster dado que o plurilingüismo vai en aumento en Irlanda do Norte.

Fonte: Ulster

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder