Mundo

Os nenos escoceses de catro anos empezarán a aprender dúas linguas estranxeiras

Os nenos de catro anos comezarán a aprender dúas linguas estranxeiras baixo un plan radical revelado polos ministros escoceses para aumentar as súas posibilidades de atopar emprego cando entren no mercado laboral.

Fonte: The Telegraph

Inician unha campaña para que o ruso sexa lingua oficial na Unión Europea

Decidiuse presentar á Comisión Europea unha iniciativa, promovida por varias asociacións de lingua rusa, encamiñada ao recoñecemento da utilización do ruso a nivel oficial na Unión Europea.

Fonte: Rusia

Máis de 200 persoas realizan unha protesta en Caernarfon pola defensa dos seus traballos nun centro de chamadas en lingua galesa

Máis de 200 persoas saíron ás rúas de Caernarfon para oporse ao peche do centro de chamadas en galés de ScottishPower.

Fonte: Daily Post

O presidente de Timor Leste suxire que o portugués se ensine como lingua estranxeira

O presidente de Timor Leste, Taur Matan Ruak, suxeriu que o portugués se ensine como lingua estranxeira, garantindo a súa continuación como lingua oficial, constitucionalmente consagrada.

Fonte: Agência AngolaPress

Os habitantes da comunidade indíxena de Xoxocotla (México) piden que se rescate a lingua náhuatl

Os habitantes da comunidade indíxena de Xoxocotla (México) piden o rescate e conservación da lingua náhuatl e non só ser botín do voto para o triunfo de candidatos.

Fonte: El Sol de Cuautla

Os traballadores do Mercado de São Paulo teñen clases de inglés e español

Os traballadores do Mercado Municipal de São Paulo volven ás clases. Cun ollo no Mundial de Fútbol, reciben unha hora e media de clase, dúas veces por semana, para non decepcionar os turistas estranxeiros e aumentar as vendas.

Fonte: VNews

Un plan do partido gobernante para elevar a categoría da lingua rusa en Ucraína ameaza con dividir o país

O plan para aumentar o status oficial da lingua rusa do partido gobernante de Ucraína fai desencadear violentas protestas. Trátase dun asunto sensible na ex república soviética que os opositores consideran que dividirá o país.

Fonte: The Guardian

O Partido Socialdemócrata e Laborista de Irlanda do Norte oponse ao modelo de financiamento da lingua irlandesa

Un novo modelo de financiamento para a promoción da lingua irlandesa en toda Irlanda recibiu o rexeitamento do Partido Socialdemócrata e Laborista de Irlanda do Norte.

Fonte: BBC

Unha localidade escocesa presenta o seu primeiro programa de promoción da lingua gaélica

A localidade escocesa de Shawbost, na costa occidental da illa de Lewis, publicou o seu primeiro programa de promoción da lingua gaélica co fin de contribuír ao desenvolvemento e promoción desta lingua na zona.

Fonte: Stornoway Gazette

Cada ano un total de 22 000 estranxeiros visitan Italia para aprender italiano

O italiano está entre as linguas máis estudadas do mundo. Proba disto son os 22 000 estranxeiros que visitan Italia cada ano para aprender a lingua e cultura italianas.

Fonte: Il Messaggero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder