Mundo

As embaixadas de Alemaña e Austria na República Checa tratarán de resolver o baixo interese dos checos pola lingua alemá

A Asociación Checa das Rexións e as embaixadas de Alemaña e Austria na República Checa asinaron un acordo de cooperación para a promoción da lingua alemá co fin de pór freo á perda de interese dos cidadáns checos por esta lingua.

Fonte: Prague Daily Monitor

Unha nova enquisa mostra que os cidadáns de Irlanda do Norte deberían ter máis oportunidades para aprender irlandés

O Departamento de Cultura, Arte e Lecer de Irlanda do Norte realizou a enquisa "Actitudes dos cidadáns cara á lingua irlandesa" que revelou que os habitantes desta zona do Reino Unido deberían ter máis oportunidades para aprender irlandés.

Fonte: U TV

A cantidade de nenos falantes de linguas orixinarias da Illa de Pascua aumentou nun 50 %

A iniciativa de educación intercultural, única en Chile e que comezou no ano 2011, permitiu o rescate das tradicións ancestrais da Illa de Pascua.

Fonte: La Tercera

A lingua bérber busca o seu sitio nas institucións marroquís

A lingua bérber ou amazigh, falada por preto dun terzo dos marroquís, aínda non atopa o seu sitio nas institucións, como acaba de pór de manifesto a turbación causada por unha deputada que a utilizou para unha pregunta parlamentaria.

Fonte: ABC

Moitas linguas africanas están en perigo de desaparecer

De acordo coas cifras das Nacións Unidas, o 74,8% das linguas tradicionais do continente africano, así como a súa historia e cultura, están en grave perigo de desaparecer.

Fonte: Noticias y Protagonistas

Google pon fin á barreira lingüística ao lanzar unha ferramenta de tradución instantánea para o correo electrónico

Google facilitará a comunicación entre persoas de diferentes países co lanzamento dunha ferramenta de tradución automática para os seus usuarios de correo electrónico. A ferramenta, que se engadirá a todas as contas de Gmail, permite cambiar o texto dos correos a 53 linguas diferentes con tan só pulsar un botón.

Fonte: Daily Mail

Unha universidade de elite de Estados Unidos incorpora a lingua de signos e a cultura xorda aos seus estudos

O Departamento de Lingüística da Universidade de Pensilvania, en Estados Unidos, a través da súa Escola de Artes e Ciencias, aprobou crear un curso específico da ASL (Lingua de Signos Americana/Cultura Xorda).

Fonte: Diario Signo

O español regresa paulatinamente ao ensino filipino

O español, tras máis de dúas décadas desterrado dos plans de estudo, regresa paulatinamente aos centros de educación secundaria de Filipinas grazas a un programa de formación de profesores autóctonos.

Fonte: ABC

Porto Rico aspira a ser totalmente bilingüe antes de 2022

O gobernador de Porto Rico está intentando facer o que máis dun século de cidadanía estadounidense non conseguiu: facer que os portorriqueños falen inglés fluído. O gobernador Luís Fortuno propuxo un ambicioso plan que requirirá que todas as escolas públicas ensinen completamente en inglés en lugar de en español.

Fonte: Associated Press

Univisión e ABC News asócianse para crear unha canle de televisión en lingua inglesa nos Estados Unidos

Univisión News asociouse con ABC News para crear unha nova canle de noticias en inglés, co obxectivo de aproveitar o crecente mercado hispano nos Estados Unidos.

Fonte: Hispanic Business

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder