Mundo
Diminúe o interese polo ensino de linguas minoritarias en Turquía
A oferta de cursos privados de linguas como o kurdo, armenio e árabe en Turquía non está a atraer moitos estudantes xa que moitas persoas perderon os lazos coas súas orixes e linguas maternas.
Fonte: Hurriyet Daily News
A comunidade laz de Turquía demanda recoñecemento para a súa lingua materna
A comunidade laz de Turquía demanda recoñecemento da súa lingua materna, a protección constitucional para o seu uso e desenvolvemento e a recuperación dos topónimos na lingua vernácula.
Fonte: Sunday's Zaman
A nova comisaria do galés garantirá que esta lingua desempeñe un papel central na vida pública de Gales
A nova comisaria do galés traballará para garantir que este desempeñe "un papel totalmente central na vida pública". O cargo da comisaria foi creado pola medida da lingua galesa de 2011 que establece con claridade que este idioma ten recoñecemento oficial no país.
Fonte: The Guardian
Unha iniciativa tenta manter viva a lingua ladina en California
Un grupo de xudeus, cuxos devanceiros tiñan orixes españolas, reúnese na cidade californiana dos Ánxeles (EUA) para cantar en ladino (ou xudeuespañol), unha lingua que mestura hebreo con español medieval.
Fonte: Fox News
Milleiros de persoas esixen nas rúas dereitos lingüísticos en Francia
Milleiros de persoas maniféstanse en numerosas cidades de toda Francia para reclamar un estatuto oficial para as linguas rexionais.
Fonte: TF1
O ministro caboverdiano de Ciencia reclama solucións para o ensino da lingua portuguesa en Cabo Verde
O ministro de Ensino Superior, Ciencia e Innovación de Cabo Verde, António Correia e Silva, pediu aos investigadores que atopen métodos e solucións "urxentes" para o proceso do ensino e aprendizaxe da lingua portuguesa neste país africano.
Fonte: Expresso das ilhas
Unha investigadora universitaria estuda a última lingua indíxena viva da rexión nordeste do Brasil
Unha lingüista da Universidade Federal de Alagoas, Januacele da Costa, estudou durante anos a lingua yaathe, falada polo pobo fulniô do estado brasileiro de Pernambuco. Ata agora publicou varios traballos científicos sobre teoría e gramática que axudaron a documentar a lingua.
Fonte: Primeira Edição
Un estudo mostra que os alemáns aprenden linguas principalmente por motivos de traballo
Unha enquisa elaborada por un produtor líder de software para a aprendizaxe de linguas, digital publishing AG, mostra que o inglés é a primeira preferencia de aprendizaxe e que o español está adquirindo máis importancia que o francés. Ademais, o estudo conclúe que a aprendizaxe de linguas coa axuda do computador é cada vez máis popular, mentres que perden forza as academias e as viaxes para aprender idiomas.
Fonte: Bildungs Klick
O ministro de Desenvolvemento Rexional de Irlanda do Norte rexeita a sinalización bilingüe
O ministro norteirlandés de Desenvolvemento Rexional, Danny Kennedy, declarou que os sinais de tráfico bilingües non se introducirán en Irlanda do Norte. O comunicado produciuse despois de que tivera lugar unha consulta pública sobre unha proposta de lei para permitir a introdución de sinais en inglés e irlandés ou inglés e escocés do Úlster.
Fonte: News Letter
China impulsará o ensino da lingua chinesa no exterior
O Goberno chinés ampliará o ensino da lingua chinesa no exterior co fin de satisfacer mellor o crecente interese por China e pola súa lingua en todo o mundo.
Fonte: China Daily
Boletín
Subscríbase ao boletín