Mundo

A Conferencia Episcopal italiana examinará a introdución da lingua friulana no misal católico

A Conferencia Episcopal italiana “examinará en breve” a aprobación do misal en lingua friulana, informou o presidente da provincia italiana de Udine, Pietro Fontanini.

Fonte: MessaggeroVeneto

Unha universidade pública de Milán substitúe o italiano polo inglés como lingua docente

A Universidade Politécnica de Milán terá o inglés como único idioma oficial das súas clases dos últimos anos da licenciatura e do doutoramento, segundo informou o reitor do centro, Giovanni Azzone.

Fonte: La Voz de Barcelona

Dúas das linguas nacionais de Nixeria están ameazadas

Das tres linguas principais que se falan en Nixeria, hausa, igbo e iorubá, as máis ameazadas son as dúas últimas. Unha investigación realizada por Newswatch revelou que, a pesar de que tanto o igbo como o iorubá se ensinan nas escolas e universidades, non todos os pais fan esforzos suficientes para aprendérllelas aos seus fillos.

Fonte: Newswatch

Organizarase unha conferencia sobre a lingua portuguesa nas Nacións Unidas

O Brasil está en alza e a lingua portuguesa vai conquistando máis espazo no estranxeiro. Un bo exemplo disto será a Primeira Conferencia de Lingua Portuguesa e Cultura Brasileira que terá lugar na sede das Nacións Unidas.

Fonte: Gazeta News

A ministra de Traballo de Barbados insta os cidadáns do país a aprenderen unha lingua estranxeira

A ministra de Traballo e Seguridade Social de Barbados, Esther Byer-Suckoo, defendeu que existe unha necesidade imperiosa de que os cidadáns da illa caribeña melloren as súas habilidades lingüísticas.

Fonte: The Barbados Advocate

O estudo universitario da lingua chinesa experimenta un crecemento exponencial en Italia

O ensino da lingua chinesa experimentou nos últimos anos un incremento exponencial en Italia. Na década de 1980, só tres centros universitarios (Roma, Venecia e Nápoles) ofrecían a lingua asiática. Hoxe en día, impártese en 20 facultades e, algunhas reciben centos de matrículas cada ano.

Fonte: Civita News

Mil estudantes asinan a prol do ensino da lingua sarda na Universidade de Sassari (Sardeña)

Mil estudantes asinan unha campaña para demandar o ensino da lingua sarda na Universidade de Sassari (Sardeña). En concreto, reclaman a impartición de dous cursos universitarios (Maxisterio en lingua sarda e Lingua e literatura sardas) que contribuirán á formación de futuros profesores nesta lingua.

Fonte: La Nuova Sardegna

O Tribunal de Apelación de Malaisia permite o uso do malaio nos tribunais dos estados de Sarawak e Sabah

O Tribunal de Apelación de Malaisia ditaminou que a Constitución Federal non prohibe o uso do malaio nos documentos dos tribunais dos estados de Sarawak e Sabah a pesar de que o inglés segue a ser a lingua oficial en todos os trámites xudiciais.

Fonte: Bernama

Unha nova emisora de radio emitirá principalmente en galés no oeste e centro de Gales

Un organismo regulador da radiodifusión no Reino Unido, Ofcom, outorgou unha licenza a unha nova estación de radio, Radio Beca, que emitirá principalmente en lingua galesa para unha gran parte do oeste e o centro de Gales.

Fonte: BBC

Os checos aprenden outras linguas estranxeiras alén do inglés

Case todos os cidadáns novos da República Checa teñen algún coñecemento de inglés hoxe en día, en comparación cos primeiros anos da década de 1990 e as experiencias máis recentes mostran que o coñecemento doutra lingua estranxeira é unha vantaxe no mercado laboral. En función das tendencias marcadas polos negocios, outras linguas de interese para os checos son o español, o ruso e o chinés.

Fonte: Prague Monitor

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder