Mundo
A policía británica está aprendendo lingua de signos
Varios axentes da policía británica aprenderon lingua de signos para comunicarse coas persoas xordas ou con dificultades auditivas.
Fonte: This is Leicestershire
Unha asociación portuguesa promove o ensino gratuíto de linguas
Unha asociación xuvenil de Leiría tenta loitar contra a exclusión de comunidades de culturas e nacionalidades diferentes derrubando a barreira lingüística, ao promover gratuitamente a súa aprendizaxe.
Fonte: Diario de Notícias
Unha lingua perdida de 2500 anos de antigüidade foi descuberta en Turquía
Un grupo de arqueólogos descubriu en Turquía restos dunha antiga lingua descoñecida, de 2500 anos de antigüidade e coetánea do Imperio Asirio.
Fonte: First Post
Un estudo apunta que a diversidade lingüística converterá a Londres nun verdadeiro axente global

Entender a diversidade lingüística entre os estudantes londinienses é un factor clave para o futuro da cidade como ‘axente global’, segundo un estudo.
Fonte: The Information Daily
Un estudo revela un vínculo entre rexións de gran diversidade biolóxica e lingüística
Segundo revela un novo estudo a cargo de científicos británicos e estadounidenses, algunhas das rexións máis diversas lingüisticamente atópanse en focos de biodiversidade e espazos naturais virxes de gran diversidade biolóxica. Os resultados, publicados na revista PNAS, indican que preto do 70 % das linguas do mundo se falan en rexións destas características. Este estudo achega información sobre a vida das poboacións das devanditas zonas e ofrece coñecementos de utilidade para a conservación da biodiversidade.
Fonte: CORDIS
A lingua kusunda de Nepal está a piques de desaparecer
Gyani Maiya Sem, unha muller de 75 anos do oeste de Nepal, é a única persoa viva en Nepal que fala fluidamente a lingua kusunda. As orixes descoñecidas e a misteriosa estrutura oracional do kusunda desconcertan os lingüistas desde hai tempo.
Fonte: BBC
A Asociación Médica Británica de Gales di que as cuestións lingüísticas non son unha prioridade no Servizo Nacional de Saúde
Os plans para reforzar a lingua galesa nos coidados sanitarios e sociais poden ter un impacto negativo no proceso de contratación de máis médicos.
Fonte: Wales Online
O ensino en inglés, en lugar de nunha lingua nativa, é cada vez máis frecuente na India
Cada vez máis, na India, os pais rexeitan educar os seus fillos na súa lingua materna en favor do inglés. A pesar dos avisos dos docentes de que a escolaridade temperá nunha lingua non familiar afecta o desenvolvemento cognitivo dos nenos, na última década houbo un crecemento exponencial no país das escolas cuxa lingua vehicular é o inglés.
Fonte: The Guardian
Suíza presenta un programa lingüístico que pretende impulsar a integración dos inmigrantes
A Oficina Federal de Inmigración lanzou un sistema de aprendizaxe de linguas especificamente definido en torno á necesidade de integración dos inmigrantes. O curso será introducido gradualmente en colaboración cos cantóns a partir do verán.
Fonte: Swissinfo
Colombia esfórzase por conservar a lingua dos escravos cimarróns
Declarado pola Unesco obra mestra do patrimonio oral e inmaterial da humanidade, o palenquero combina o castelán con linguas africanas, especialmente da familia bantú, nun esforzo por preservala, por primeira vez ensínase a ler e escribir nesta lingua.
Fonte: Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín