Mundo
O Goberno caxemirés recomenda o recoñecemento do gojri como lingua oficial na India
O goberno jammu e caxemirés decidiu recomendar que o gojri –falado por unhas vinte mil persoas das tribos guijars e bakkarwals no estado– sexa recoñecido como lingua oficial ao incluílo na Constitución.
Fonte: India NY Daily News
Ucraína outorga un estatus oficial ás linguas minoritarias do país
O Parlamento da Ucraína aprobou a lei que dá un estatus cooficial ás linguas minoritarias do país nas rexións onde as falan polo menos o 10 % dos seus habitantes, mentres miles de cidadáns se manifestan nas rúas a favor e en contra da medida.
Fonte: ABC
O Goberno do estado de Zulia, en Venezuela, promove un curso da lingua wayuunaiki
A Biblioteca Pública de Zulia iniciou o curso de wayuunaiki co historiador Román Fernández para a promoción desta lingua ancestral entre a cidadanía.
Fonte: La Verdad
A Universidade de Strathclyde (Glasgow) acollerá un centro nacional para a promoción da lingua chinesa
Un centro nacional para a promoción da lingua e a cultura chinesas foi aprobado polo Goberno chinés e será instalado na Universidade Strathclyde. O Instituto Confucio para as Escolas de Escocia ofrecerá apoio aos colexios de Escocia sobre o ensino da lingua e a cultura chinesas.
Fonte: STV
Brasil enviará diplomáticos a aprender chinés
O Ministerio de Relacións Exteriores de Brasil está elaborando un plan de capacitación en idioma chinés para os seus diplomáticos, segundo o que cinco mozos diplomáticos que acaban de ser asignados serán enviados a estudar durante seis meses na Universidade de Lingua e Cultura de Pequín.
Fonte: Spanish People Daily
Realizan en Nova York unha campaña de concienciación sobre a riqueza lingüística de México
A organización Man a Man: Cultura Mexicana sen Fronteiras e a Alianza de Linguaxes en Perigo de Extinción buscaron concienciar no Museo de El Barrio os cidadáns de Nova York sobre a diversidade de linguas que se falan en México.
Fonte: Radio Fórmula
O inglés substituirá o español como lingua do sistema educativo de Porto Rico
O inglés substituirá progresivamente o español como lingua do sistema educativo público de Porto Rico, nun plan que se desenvolverá nos próximos 10 anos, explicou o secretario de Educación da illa, Edward Moreno Alonso.
Fonte: La Voz de Galicia
O Goberno de Perú certifica os trinta intérpretes de linguas nativas tras acabar a súa formación
Tras concluír a súa etapa de capacitación, o Ministerio de Cultura de Perú certificou a 30 intérpretes de linguas orixinarias para participar nos procesos de consulta previa entre o Goberno e os pobos indíxenas. Os 30 profesionais certificados manexan as seis linguas con maior número de falantes no país.
Fonte: Perú 21
Os nenos ingleses aprenderán linguas estranxeiras desde os sete anos cos novos plans do Goberno
Todos os nenos ingleses aprenderán unha lingua estranxeira desde os sete anos, segundo os novos plans do Goberno.
Fonte: BBC
O Goberno de Mozambique tamén ratifica o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa
O consello de ministros de Mozambique ratificou o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa, tal e como informou o ministro de Asuntos Internacionais e Cooperación, Oldemiro Baloi.
Fonte: Expresso
Boletín
Subscríbase ao boletín