Mundo

O mandarín superou o inglés como segunda lingua máis falada en Hong Kong

O mandarín superou o inglés, por primeira vez, como a segunda lingua máis falada en Hong Kong, por detrás do cantonés, segundo unha investigación das autoridades educativas da ex colonia británica.

Fonte: ABC

A Universidade Veracruzana Intercultural promove a autoaprendizaxe de linguas indíxenas

Co obxectivo de promover a práctica das linguas indíxenas entre a comunidade estudantil da Universidade Verazcruzana Intercultural (UVI), académicos e graduados desta institución atópanse elaborando manuais para a autoaprendizaxe das linguas orixinarias das rexións onde se atopan os campus interculturais da Universidade Veracruzana.

Fonte: Veracruzanos

Este verán comezará a emisión dunha nova canle de noticias en español nos Estados Unidos

Este verán comezará a emisión dunha nova canle de noticias en español nos Estados Unidos, dado que News Corp. lanzará a súa canle de emisión en español, MundoFox.

Fonte: Mediabistro

A tecnoloxía axudará a conservar a lingua maia

A través dun servizo de tradución automática entre dúas linguas que non traballa palabra por palabra senón que comprende o contexto das frases, Microsoft contribuirá a que a lingua maia e moitas outras non se perdan.

Fonte: El Universal

A Universidade de Cambridge desenvolverá exames internacionais para a lingua indonesia

A Universidade británica de Cambridge confirmou que vai desenvolver un exame internacional para a lingua indonesia, dirixido principalmente a escolas de secundaria indonesias.

Fonte: The Jakarta Globe

A lingua portuguesa supón unha vantaxe para os habitantes de Goa

O autor dun libro sobre a literatura de Goa en portugués defendeu que a lingua de Camões é unha plusvalía para os habitantes desta antiga colonia portuguesa na India, especialmente no sector das tecnoloxías da información.

Fonte: Portalangop

O bilingüismo español-inglés nos Estados Unidos gaña terreo ao monolingüismo en inglés

A vitalidade do español, a lingua máis próspera da comunicación internacional tras o inglés, derrotou a "insensatez política" das campañas "só inglés" nos Estados Unidos que buscaban reducir o seu uso a lingua estranxeira.

Fonte: Latino Fox News

Unha nova ferramenta traduce lingua de signos a palabras

Grazas a un grupo de estudantes da Universidade de Houston, as persoas xordas poderán comunicarse máis facilmente cos que non entendan lingua de signos. Durante o pasado semestre, os estudantes de Enxeñería Tecnolóxica e Programas de Deseño Industrial uníronse para desenvolver o concepto e prototipo de MyVoice, un aparato que le lingua de signos e traduce os movementos a palabras audibles.

Fonte: Bits Of Science

Dúas ONG traballan voluntariamente para romper a barreira lingüística entre lectores de hindi e urdú

Dúas ONG que traballan separadamente para promover o hindi e o urdú uníronse para asegurar que unha gran parte das obras de cada unha destas linguas poida ser compartido polos amantes da literatura. Para asegurar isto, traducirán as obras de poetas e escritores contemporáneos de forma gratuíta.

Fonte: DNA Indie

Cabo Verde quere promover o portugués na rede de parlamentos de África

Cabo Verde quere contribuír a ter o portugués como lingua oficial na rede de parlamentos de todo o mundo, segundo o deputado José Sanches.

Fonte: África Digital

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder