Mundo

O festival Tafwyl, dedicado á lingua galesa, celébrase no castelo de Cardiff

A celebración da lingua galesa en Cardiff durará unha semana, comezando o sábado 18 de xuño cunha feira da lingua galesa no castelo de Cardiff.

Fonte: Wales Online

Google únese á loita para salvar case 3000 linguas ameazadas de extinción

Google Inc, o xigante dos motores de busca en internet, creou un sitio web sobre linguas ameazadas co fin de contribuír a salvar as linguas en perigo do mundo. No sitio web endangeredlanguages.com os lectores poderán atopar, compartir e almacenar información sobre variedades lingüísticas que estean ameazadas de extinción.

Fonte: Time

A principal asociación inuit prepara un plan para crear unha norma escrita para o inuktitut

A principal asociación inuit de Canadá prepara un plan para unificar a lingua escrita inuktitut co fin de que poida ensinarse nas escolas. Porén, algunhas voces críticas temen que poidan perderse algúns dialectos.

Fonte: Nationalia

Só o 13 % dos portugueses fala correctamente polo menos dúas linguas

A media europea é de 25 % e Portugal fica por debaixo deste valor: só un 13 % dos portugueses fala correctamente dúas linguas estranxeiras, unha diferenza de dez puntos porcentuais fronte á anterior avaliación en 2006.

Fonte: Público

Un estudo da Comisión Europea revela que os adolescentes ingleses ocupan os últimos postos no dominio de linguas estranxeiras

Segundo un estudo europeo, os alumnos ingleses son os que mostran un peor nivel de linguas estranxeiras en Europa. O ministro británico de Educación, Nick Gibb, comentou a este respecto que "para Inglaterra, unha nación de intercambios comerciais internacionais, o feito de ser os últimos no dominio das linguas estranxeiras é perigoso desde o punto vista económico e social".

Fonte: The Telegraph

Un estudo da Comisión Europea mostra que os mozos da UE suspenden no dominio das linguas estranxeiras

A pesar de décadas de integración europea, menos dun de cada dous mozos dos 27 Estados membros fala ben unha lingua estranxeira como para manter unha conversa, declarou o executivo da Unión Europea.

Fonte: The Australian

O novo plan educativo do estado americano de Rhode Island establece que os estudantes falen con fluidez unha lingua estranxeira

O Goberno do estado de Rhode Island, nos EUA, elaborou un plan que pretende incrementar o nivel educativo dos estudantes en linguas estranxeiras. O devandito plan quere garantir que os adolescentes que entren no mercado laboral poidan falar con fluidez unha lingua estranxeira de aquí a 2030.

Fonte: The Republic

Instalan en varias cidades francesas cabinas telefónicas para persoas xordas

As "cabinas telefónicas" gratuítas para persoas xordas, que lles permiten pasar chamadas por medio de intérpretes de lingua de signos por videoteléfono, abriron en Lyon e París, despois de Toulouse, onde xa existe unha instalación destas dende hai un ano.

Fonte: Le Parisien

Os comerciantes de Quebec móstranse decepcionados coa lei lingüística que afecta aos seus rótulos comerciais

A burocracia lingüística de Quebec enfróntase a numerosas queixas relacionadas co crecente número de negocios que rexeitan engadir aos seus rótulos comerciais unha descrición xenérica en francés.

Fonte: The Gazette

Traducen a Constitución colombiana á lingua palenquera

A tradución da carta magna dos colombianos ao palenquero faise en recoñecemento da identidade cultural do primeiro pobo libre de América e é un claro exemplo de inclusión social. O obxectivo do proxecto é que todos os palenqueros coñezan a Constitución, se enriquezan e poidan exercer os seus dereitos.

Fonte: El Universal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder