Mundo

Un coloquio recomenda unha maior promoción da lingua portuguesa

Un coloquio internacional sobre a lingua portuguesa nas institucións internacionais recomendou o incremento do proceso de ensino e aprendizaxe desta lingua, co obxectivo de impulsar a súa competencia como lingua estranxeira.

Fonte: Angop

Arxentina é o país hispano con mellor nivel de inglés

Arxentina quedou no posto 16 de 44 nunha clasificación a nivel mundial e superou a México, España e Chile, segundo un estudo privado sobre nivel de inglés. Os arxentinos que falan inglés caracterízanse pola súa boa pronunciación e entoación.

Fonte: El Tribuno

Extínguese a lingua mam na fronteira sur de México pola falta de apoios institucionais

A lingua mam, propia das comunidades da zona alta de Tapachula, está en desuso debido a que o goberno estatal non aceptou a 32 comunidades indíxenas de Tapachula para que poidan recibir apoio a través da Secretaría de Pobos e Culturas Indíxenas.

Fonte: El Mexicano

Unha compañía de teatro brasileira ofrece as súas obras en lingua de signos

O teatro ten que ser para todos. Tendo isto en conta, o grupo Tom Brasil decidiu implantar, nos seus espectáculos teatrais en Río de Xaneiro e São Paulo, a interpretación simultánea a libras, lingua de signos brasileira.

Fonte: R7

Suspéndense as clases en inglés na Universidade de Qatar

O Consello Superior de Educación de Qatar emitiu un decreto polo que “o árabe debe ser a única lingua de educación oficial na Universidade de Qatar” e en consecuencia, “a universidade debe tomar as medidas necesarias para iso”.

Fonte: FT

O portal Ciberdúvidas, dedicado á lingua portuguesa, podería pechar se continúa sen apoios

Ciberdúvidas, o portal dedicado á lingua portuguesa, podería pechar se continúa sen apoios económicos, anunciou o responsable do proxecto, José Mário Costa.

Fonte: Público

Unha asociación de Singapur pide aos cidadáns que envíen propostas para fomentar o bilingüismo

Unha asociación de Singapur solicitou a cidadáns con ideas sobre como promover o bilingüismo entre os rapaces en idade non escolar que envíen as súas propostas ao Fondo Lee Kuan Yew polo Bilingüismo.

Fonte: Today Online

Xapón estuda incluír o español como lingua optativa nos seus exames de acceso á universidade

As autoridades de Xapón estudarán se inclúen o español como lingua optativa no Exame Nacional de Acceso á Universidade, tras recibir unha solicitude conxunta de todas as embaixadas de América Latina e a de España en Tokío.

Fonte: Diario de Sevilla

Un xurista da Unión Europea rexeita redactar os contratos internacionais nunha lingua local

Un dos avogados xerais do Tribunal de Xustiza da UE concluíu que obrigar, como fai a Comunidade flamenga en Bélxica, a redactar os contratos de traballo de carácter internacional nunha lingua local obstrúe a libre circulación de traballadores.

Fonte: ABC

Nace un novo grupo de presión para a lingua galesa

Os participantes en Dyfodol i’r Iaith (Un futuro para a lingua) din que exercerán presión para garantir o seu lugar no “corazón da vida civil e comunitaria de Gales”. Tamén aseguran que utilizarán medios constitucionais para influír na política e lexislación pública para “promover e cultivar” a lingua.

Fonte: BBC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder