Mundo
Un organismo lingüístico da India pide que os anuncios do Goberno estean en lingua oriya
Odia Bhasha Pratisthan, un organismo gobernamental para a conservación, o desenvolvemento e a difusión da lingua oriya, pediu ás organizacións gobernamentais que publiquen os seus anuncios e valos publicitarios en oriya.
Fonte: The Times of India
O italiano corre o perigo de converterse en "italenglish"
A lingua de Dante está chea de termos como "spread" (prima de risco), "spending review" (revisión do gasto), "bond" (bonos) e "soft skills" (habilidades sociais).
Fonte: La Vanguardia
A falta de tradutores dificulta aos indíxenas de México o acceso á xustiza
De acordo coa Comisión Nacional dos Dereitos Humanos (CNDH), hai 8634 indíxenas encarcerados no país, que de 2011 ata hoxe presentaron máis de 400 queixas por detencións arbitrarias, omisión de servizos de saúde e falta dun intérprete para un debido proceso.
Fonte: Informador
Mozos maias traducen o navegador Mozilla á súa lingua
Co fin de fomentar o uso da lingua maia para a súa preservación e aumentar a súa presenza en internet, un grupo de mozos da asociación “Nación Nativa” realiza o Maratón de Traducións en Maia “Mozilla Translathon 2012”.
Fonte: Excelsior
O Goberno de Xeorxia favorece a creación de novos negocios no país coa emisión de documentos en inglés
O Rexistro Público simplificou os procedementos para comezar un negocio en Xeorxia. Rexistrarse como empresario é agora posible en xeorxiano e inglés. Os empresarios e investidores estranxeiros, as organizacións internacionais, os empregados da embaixada e as entidades privadas teñen agora a oportunidade de obter información do Rexistro Público sen gastar diñeiro extra en traducións e autorizacións.
Fonte: Finchannel
Segundo o Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística, en Brasil fálanse 274 linguas indíxenas

O censo 2010 do Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística revelou que no país se falan 274 linguas indíxenas polo 37,4 % dos indios de máis de cinco anos.
Fonte: Terra
O Tíbet acolle con entusiasmo os teléfonos móbiles en tibetano
O novo teléfono intelixente con sistema operativo en tibetano converteuse nun produto moi popular na rexión autónoma do Tíbet tras a súa entrada no mercado en xuño.
Fonte: Spanish People
Un total de 64 linguas indíxenas de México está en moi alto risco de desaparecer
O director do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, Javier López Sánchez, advertiu que arredor de 64 variantes de linguas indíxenas están en alto risco de desaparición.
Fonte: Vanguardia
O ruso convértese en idioma oficial en numerosas rexións de Ucraína
A nova lei lingüística de Ucraína amplía substancialmente o papel do ruso nos territorios onde sexa lingua nativa para, polo menos, o 10 % da poboación. Así, o ruso será oficial en 13 das 27 entidades territoriais, basicamente, as do sur e o este.
Fonte: Rusia Hoy
Os bebés bilingües diferencian outras linguas aínda que non as oísen antes
Os bebés de oito meses que crecen nun fogar bilingüe poden diferenciar outras linguas que nunca antes oíran, ata chegan a distinguilas ao ver como se falan estas linguas “sen son”, como se lesen os beizos. En cambio, os bebés monolingües non son capaces disto, indica un estudo liderado pola investigadora da Universidade Pompeu Fabra, Nuria Sebastián.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín