Mundo
A cidade nixeriana de Lagos introducirá a lingua chinesa nas escolas públicas
A comisaria de Educación do Goberno de Lagos, Olayinka Oladunjove, informou de que o goberno introducirá o mandarín, ou lingua chinesa, no currículo das escolas públicas para o próximo ano.
Fonte: The Nation
A compañía Bell Media planea crear unha canle televisiva de noticias en francés en Canadá
A compañía canadense Bell Media planea lanzar unha canle de televisión con 24 horas de noticias en francés, con base en Montreal.
Fonte: Montreal Gazzette
A Eurocámara insta os estados a promover a aprendizaxe das linguas cooficiais
O Parlamento Europeo apoia que os Estados "fomenten desde a infancia a adquisición de competencias naquelas linguas cooficiais da UE, -como é o caso do galego, vasco ou catalán-, dando a estes idiomas o mesmo status do que gozan o español ou o francés".
Fonte: Galicia Hoxe
Os profesores de inglés dos colexios públicos brasileiros poderán mellorar a súa lingua nos Estados Unidos
Os profesores de lingua inglesa en escolas públicas de Brasil estudarán seis semanas nos Estados Unidos para mellorar o seu nivel de lingua.
Fonte: Sobre Isso
Google engade a lingua lao ao seu tradutor, o que a converte na número 65 que ofrece o servizo
Google anunciou que engadiu a lingua lao ao seu repertorio de Google Translate, o que a converte na lingua 65 que o servizo ofrece. O lao fálase en Laos (onde é lingua oficial), Tailandia, Estados Unidos, Francia, Canadá, China, Australia, Nova Celandia e Arxentina. En 2006 contaba con 5 220 000 falantes nativos.
Fonte: WebProNews
Un festival promoverá as linguas e culturas das rexións celtas
Un portavoz do acto, que terá lugar en Gales, informou de que o obxectivo é promover “as excepcionais linguas e culturas das rexións celtas no cine e na televisión”, mentres se mostra o mellor que Gales, Escocia, Irlanda, Cornualles e Bretaña poden ofrecer.
Fonte: Wales Online
O Goberno de Australia publica un informe que recomenda a educación bilingüe en comunidades indíxenas
Expertos en linguas e comunidades indíxenas alegráronse coa publicación dun informe do Goberno australiano que recomenda programas educativos bilingües para as comunidades indíxenas, xa que isto beneficiaría a todos os australianos e axudaría a sacar algunhas linguas indíxenas das listas de linguas en perigo de extinción.
Fonte: The Conversation
A Escola de Economía de Londres ensinará catalán no seu centro de linguas
O Instituto Ramon Llull e a Escola de Economía de Londres acordaron que a institución británica ensine catalán no seu centro de linguas este curso 2012-2013, grazas á sinatura dun convenio.
Fonte: Europa Press
Siri, o programa de recoñecemento de voz de Apple, xa fala e entende español
Meses despois do lanzamento de Siri, o software de recoñecemento de voz de Apple fala e entende español. Xunto con outros tres novos idiomas, Siri pretende non só chegar ao maior número de usuarios senón tamén mellorar certos aspectos.
Fonte: Europa Press
As escolas de primaria da illa de Jersey ensinarán a lingua nativa do lugar
Os estudantes das escolas primarias da illa británica de Jersey recibirán, no novo curso, clases da lingua nativa do lugar.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín