Mundo

A lingua uzbeka desaparece en Kirguizistán

As autoridades de Kirguizistán pretenden eliminar a lingua uzbeka da vida pública por completo. De feito, notificouse o peche de escolas uzbekas do sur do país, así como o cambio de moitas delas a escolas con currículo exclusivo en kirguiz.

Fonte: Radio Free Europe Radio Liberty

O Goberno de Gabón promoverá a aprendizaxe da lingua inglesa

O presidente de Gabón, Alí Bongo, quere aumentar o uso de inglés no país, unha antiga colonia francesa onde o francés aínda se fala de forma extensa.

Fonte: Google

A Universidade de Wisconsin axudará a afrontar a necesidade de falantes de linguas estranxeiras no exército dos Estados Unidos

A Universidade de Wisconsin (UW) axudará a afrontar a necesidade de falantes de linguas estranxeiras que sofre o exército dos Estados Unidos. A UW é unha da máis de 25 escolas nos Estados Unidos que ensinará a máis de 800 cadetes linguas consideradas “primordiais” polo Departamento de Defensa do país.

Fonte: Wisconsin Radio Network

O estado do Río de Xaneiro creará catro escolas bilingües nos próximos anos

De cara ao Mundial de fútbol de 2014 e aos Xogos Olímpicos de 2016 e tendo en conta os investimentos estranxeiros que o estado do Río de Xaneiro recibirá nos próximos anos, a Secretaria Estatal de Educación planea crear catro escolas públicas bilingües. Cada unha estará destinada ao estudo dun idioma específico: francés, inglés, español e chinés mandarín.

Fonte: O Debate

Morre o último falante dun antigo dialecto escocés

O último falante dun antigo dialecto escocés morreu aos 92 anos. Os lingüísticas din que o dialecto cromarty agora sobrevive só en gravacións.

Fonte: BBC

Lanzan en Ecuador aplicacións para teléfonos móbiles nunha lingua indíxena

O Ministerio de Telecomunicacións de Ecuador e a empresa Conecel presentaron os teléfonos móbiles con aplicacións en lingua kichwa, para a poboación indíxena ecuatoriana.

Fonte: Provincia

Unha lei lingüística pon o galés e o inglés ao mesmo nivel na Asemblea Nacional de Gales

O Parlamento de Gales aprobou un proxecto de lei polo que o galés e o inglés serán tratados de forma idéntica na Asemblea Nacional de Gales.

Fonte: BBC

Dúas linguas indíxenas do Estado de México están en risco de desaparecer

Dúas das cinco linguas indíxenas do Estado de México, a matlazinca e a tlahuica, atópanse en risco de desaparecer, pois a primeira conta con 909 falantes, mentres que a segunda ten 719.

Fonte: El Siglo de Torreón

Os anglicismos continúan infiltrándose no francés, a pesar dos esforzos da Academia Francesa

A pesar dos esforzos da Academia Francesa, séguense utilizando un crecente número de palabras inglesas publicamente. Desde que a institución comezou a traballar no seu último dicionario en 1986, os medios de comunicación franceses incluíron no seu vocabulario moitas máis palabras en inglés.

Fonte: Alaska Dispatch

A Xunta de Galicia participa en Córsega na asemblea xeral da Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, participou na asemblea xeral da Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD).

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder