Mundo
Un proxecto de lei pretende protexer a lingua kurda na rexión do Kurdistán iraquí
Os expertos queren regular e protexer o kurdo para garantir que a lingua non morrerá no futuro. O proxecto de lei inclúe o uso e respecto da lingua kurda en varias áreas da rexión semi-autónoma de Iraq.
Fonte: Press TV
A Fundación do Pensamento Árabe lanzará unha campaña en Dubai para promover a lingua árabe
A Fundación do Pensamento Árabe anunciou o comezo da súa iniciativa “Subamos coa nosa lingua”, que pretende aumentar e promover o uso da lingua árabe.
Fonte: Gulf News
Un defensor da lingua solicita a axuda dos maorís para fomentar as linguas do Pacífico en Nova Celandia
Un defensor das linguas do Pacífico en Nova Celandia solicita a axuda dos maorís para manter as linguas vivas entre as comunidades das illas pacíficas de Nova Celandia.
Lanzan unha campaña en linguas indíxenas contra a trata de persoas en México
As comisións Nacional de Dereitos Humanos (CNDH) e do estado de Iucatán (Codhey) lanzaron unha campaña contra a trata de persoas, que será traducida a un total de dez linguas indíxenas.
Fonte: Proceso
A metade dos alumnos de Miranda do Douro estuda mirandés
O presidente da agrupación de Escolas de Miranda de Douro asegurou que nunca houbo tantos alumnos matriculados na disciplina de lingua e cultura mirandesas como este ano.
Fonte: Jornal de Notícias
Un informe sinala que Irlanda do Norte non ten bo nivel en linguas estranxeiras
Segundo un informe, Irlanda do Norte amosa unha imaxe débil con respecto á aprendizaxe de linguas estranxeiras e necesita darlle a esta cuestión máis importancia. O estudo, elaborado polo British Council, avisa de que Irlanda do Norte “dista de ser autosuficiente na produción de lingüistas naquelas linguas que poidan ser necesarias” no mundo dos negocios.
Fonte: BBC
O número de mozos que estudan linguas estranxeiras aumentou no Reino Unido, aínda que descendeu nos colexios e na universidade
O número de mozos que estudan linguas europeas en bacharelato no Reino Unido está en declive, como amosa o feito de que as solicitudes para estudar francés descenderon un terzo desde o ano 2000, mentres que os alumnos de alemán se reduciron á metade en só unha década. Porén, os estudantes seguen a ter interese polas linguas, algo ao que as universidades se están habituando.
Fonte: The Guardian
Youtube engade subtítulos automáticos en seis linguas europeas
Youtube engadiu seis linguas para a súa sección de subtítulos. Anteriormente, estes só se podían activar en inglés, español, xaponés e coreano. Porén, os novos idiomas engadidos son o alemán, o italiano, o francés, o portugués, o ruso e o holandés.
Fonte: ABC
Propoñen traducir o Código Electoral ás linguas indíxenas en Veracruz ante a proximidade das eleccións
No marco do proceso electoral que vivirá o estado mexicano de Veracruz, é necesario que as comunidades indíxenas conten coa información necesaria para poder reflexionar e tomar unha mellor decisión, polo que a Academia Veracruzana das Linguas Indíxenas propuxo a tradución do Código electoral ás diversas linguas indíxenas.
Fonte: Veracruzanos
O portugués afiánzase en Timor Leste grazas á educación
O idioma portugués recupera pouco a pouco o seu esplendor en Timor Leste grazas a un plan de introdución na educación primaria e secundaria e que, a partir de 2013, acadará tamén a formación universitaria nesta ex-colonia lusa en Asia.
Fonte: EFE
Boletín
Subscríbase ao boletín