Mundo
O gaélico escocés consegue éxito na rede
O gaélico escocés está moi presente na rede grazas ao paciente traballo dunha comunidade lingüística activa e, especialmente, ao labor de Michael Bauer, tradutor independente que no seu tempo libre traduciu numerosos programas e publicou varias ferramentas lingüísticas en liña.
Fonte: ActuaLitté
O alcalde de Montreal rexeita a petición de estatuto bilingüe da cidade
O alcalde anglófono da cidade quebequesa de Montreal e o líder francófono da oposición rexeitaron unha petición para que a cidade quebequesa de Montreal se converta nunha municipalidade bilingüe.
Fonte: Global News
Un proxecto piloto impulsará a educación bilingüe das minorías étnicas de Vietnam
Nun intento por romper coas diferenzas socioeconómicas, o Goberno de Vietnam iniciará un programa piloto de ensino bilingüe para as minorías étnicas que non falen vietnamita, a lingua oficial do país asiático.
Partidos e entidades demandan a autonomía da Bretaña e a oficialización do bretón
O manifesto máis recente do bretonismo chama á unidade de todas as forzas vivas do país para avanzar cara a un novo escenario de autogoberno. O texto reclama respostas "positivas e concretas" do Goberno francés entre as que se inclúen a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
Fonte: Nationalia
Un cuarto das 154 linguas indíxenas faladas no Brasil corre o risco de desaparecer
Un cuarto das 154 linguas indíxenas aínda vivas no Brasil está ameazado de extinción, xa que contan con menos de cen falantes, alerta un relatorio realizado polo Museo Paraense Emilio Goeldi.
Fonte: Terra
A Rexión de Friuli-Venecia Giulia reduce drasticamente os fondos para a protección da lingua friulana
En dous anos, os fondos da rexión italiana de Friuli-Venecia Giulia para a Axencia Rexional para a Lingua Friulana (Arlef) reducíronse á metade.
Fonte: Messaggero Veneto
O número de auxiliares de lingua chinesa increméntase en Escocia
O número de auxiliares de lingua chinesa está incrementándose nas escolas escocesas despois de varios anos de declive. O Consello Británico de Escocia declarou que se duplicaron as solicitudes de persoal docente desta lingua grazas ao auxe que está a experimentar a aprendizaxe dos dialectos mandarín e cantonés en Escocia.
Fonte: Herald Scotland
Unha etnia brasileira recupera a súa lingua e agora reivindica as súas terras
Un proxecto para impedir a desaparición dunha lingua indíxena contribuíu a reunir os membros dunha etnia brasileira que se atopaba extinta hai varias décadas e agora apoia os seus esforzos para recuperar as terras ancestrais das que foron expulsados.
Fonte: Terra
O Ministerio de Educación do Perú prepara textos escolares en linguas indíxenas e amazónicas
O Ministerio de Educación do Perú está traballando actualmente na elaboración de cadernos de traballo e outros materiais que se distribuirán en 2014 aos nenos indíxenas e ao profesorado das diferentes institucións educativas interculturais bilingües.
Fonte: Terra
O presidente da República portuguesa defende o potencial económico do portugués
O presidente da República portuguesa defendeu a necesidade de explotar “o potencial económico da lingua portuguesa”, subliñando que esta pode contribuír a proxectar unha visión estratéxica dunha rede global lusófona. “Temos que ser capaces de explotar, con confianza e ambición, o potencial económico da lingua portuguesa”, defende Cavaco Silva a propósito do Día da Lingua Portuguesa e da Cultura da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín