Mundo

Habilitan os primeiros caixeiros automáticos en lingua náhuatl

Os primeiros caixeiros automáticos instalados en náhuatl, a lingua indíxena máis falada en México, foron habilitados en nove comunidades rurais dos estados de Veracruz, Querétaro e Jalisco.

Fonte: Sipse

O presidente do Parlamento Europeo dálle o seu visto e prace a unha versión irlandesa do seu sitio web

O presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, acordou dar o visto e prace a unha versión irlandesa do sitio web oficial do Parlamento que actualmente está dispoñible en 22 linguas europeas, coa excepción do irlandés.

Fonte: Donegal Democrat

Existe preocupación en Gales pola caída no número de falantes de galés nas zonas sociolingüisticamente máis fortes

A directora da asociación xuvenil a prol da lingua galesa Urdd, Efa Griffith Jones, mostrou a súa preocupación polas recentes cifras que mostran un declive do galés nas zonas tradicionalmente máis fortes en número de falantes.

Fonte: Daily Post

Diminúe o bilingüismo inglés-francés no Canadá

A oficina estatística do Canadá informou que o bilingüismo inglés-francés caeu ao longo da última década a un 17,5 % da poboación total do país. Trátase da primeira caída en cincuenta anos.

Fonte: Daily

A Unión Europea aprobará unha medida para garantir servizos de interpretación a estranxeiros en proceso de detención

A Unión Europea elaborou unha directiva comunitaria que pode acabar revolucionando o mundo dos tradutores e os intérpretes no ámbito penal. A partir do próximo mes de outubro, data oficial da entrada en vigor da nova norma europea, os estranxeiros que sexan detidos e non coñezan o castelán van poder beneficiarse "sen demora" de intérpretes durante o interrogatorio policial, en todas as vistas xudiciais e nas audiencias intermedias que sexan necesarias desde a detención ata a condena.

Fonte: El Diario

Lingüistas rusos descobren un dialecto de orixe rusa en Alasca

Nunha visita á aldea de Ninilchik, en Alasca (EUA), Mira Berguelson, profesora da Facultade de Linguas Estranxeiras da Universidade de Moscova, e Andrêi Kibrik, colaborador do Instituto de Lingüística da Academia de Ciencias de Rusia, puideron constatar que algúns habitantes desta aldea aínda falaban un dialecto baseado na lingua rusa. "Non coñecemos outros casos de permanencia do idioma ruso como lingua nativa a unha distancia tan grande de Rusia”, declarou Berguelson, ao presentar os resultados da expedición. Cos datos recadados, os lingüistas esperan agora publicar un dicionario.

Fonte: Gazeta Russa

A comisaria da lingua galesa demanda cambios drásticos nas políticas actuais para garantir a supervivencia do galés

A comisaria da lingua galesa, Meri Huws, demandou cambios drásticos nas directrices actuais de planificación lingüística do País de Gales para garantir a supervivencia das comunidades de falantes de galés.

Fonte: Wales Online

Os suízos interésanse polas linguas estranxeiras

En Suíza medra o interese pola aprendizaxe das linguas como o chinés, o ruso e o árabe. Saber expresarse nunha desas linguas “exóticas” representa algo máis no currículo, mesmo se a demanda do mercado de traballo aínda é mínima.

Fonte: Swissinfo

O ministro do Interior de Francia maniféstase contrario á oficialización do corso

Con motivo dunha viaxe a Córsega, o ministro do Interior francés, Manuel Valls, manifestouse contrario ao estatuto de cooficialidade da lingua corsa aprobado pola Asemblea de Córsega o pasado mes de maio.

Fonte: Agence Bretagne Presse

O Concello norteirlandés de Belfast rexeita a creación dun posto de lingua irlandesa

O Concello da cidade norteirlandesa de Belfast votou en contra de destinar financiamento para a creación dun posto de axente de lingua irlandesa no Goberno local.

Fonte: News Letter

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder