Mundo
As familias do País Vasco francés piden máis apoio para a educación pública bilingüe
Coa axuda do Goberno vasco e as asociacións de pais e nais das escolas públicas do País Vasco, Ikas-bi, a asociación de familias para o ensino bilingüe nas escolas públicas do País Vasco francés (Iparralde) celebrou na vila de Sara o 30 aniversario do programa de educación bilingüe que se enfronta aínda con innomeables obstáculos.
Fonte: Deia
Un proxecto tenta salvar unha lingua indíxena en extinción en California
Un proxecto tenta rescatar un dos idiomas indíxenas do estado de California (EUA): o yurok. Os nenos e nenas da rexión norte do estado reciben xa clases desta lingua que estaba case a piques de desaparecer: tan só algúns anciáns da tribo falaban a lingua con fluidez.
Fonte: BBC
O uso do francés no lugar de traballo sofre un pequeno retroceso no Quebec
A última sección da enquisa nacional realizada pola oficina canadense de estatística revela que a porcentaxe da poboación quebequesa que emprega o francés no lugar de traballo pasou do 94,3 % en 2006 a 93,9 % en 2011.
Fonte: Radio-Canada
O ministro de Cultura de Cabo Verde defende a ampliación da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
Todos os países con linguas que teñan por base o léxico portugués deberían pertencer á Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP), defendeu nunha entrevista o ministro de Cultura de Cabo Verde, Mário Lúcio Sousa. Na súa opinión, a CPLP debe converterse nunha comunidade de pobos que falan o portugués ou idiomas baseados na lingua portuguesa.
Fonte: Lusomonitor
Un ancián xaponés denuncia a televisión pública por usar demasiados estranxeirismos nos seus espazos
Un pensionista xaponés pide unha indemnización á televisión pública NHK de 1,41 millóns de iens (10 100 euros), alegando que o uso excesivo de estranxeirismos converteu moitos dos seus programas en inintelixibles.
Fonte: Porto Canal
Un festival internacional congrega falantes de linguas ameazadas de todo o mundo
O festival Smithsonian de Washington (EUA) congrega falantes de linguas que están en vías de desaparición de todo o mundo para que expliquen os retos de transmitir o seu patrimonio lingüístico ás novas xeracións.
Fonte: The Washington Post
O partido alemán CDU quere esixir o alemán como terceira lingua de traballo na Unión Europea
En vista das eleccións alemás do próximo mes de setembro, a Unión Demócrata Cristiá (CDU), o partido da chanceler Angela Merkel, declarou que tentará esixir a lingua alemá nas institucións europeas ao mesmo nivel que o inglés e o francés, as dúas linguas máis empregadas actualmente.
Fonte: Express
A lingua nacional chokwe será introducida no sistema angolano de ensino
A lingua nacional chokwe será introducida oficialmente no sistema angolano de ensino a partir do próximo ano lectivo na provincia da Lunda Sul, segundo anunciou o director provincial de Educación, Isaías Flipe Sacagima.
Fonte: AngoNotícias
O náhuatl é a lingua indíxena máis falada en México
De acordo con datos do Instituto Nacional de Estatística e Xeografía de México (INEGI), estímase que en 2010, máis dun millón e medio de persoas falaban náhuatl en México, o que a converte na lingua indíxena co maior número de falantes do país.
Fonte: De 10
Un estudo revela que os brasileiros teñen un nivel pésimo de inglés
Segundo unha reportaxe da revista Veja, nun estudo realizado en 76 países, o Brasil ficou no lugar 67 nunha avaliación de coñecemento da lingua inglesa. Nunha escala de 0 a 10, a media brasileira rexistrou 2,95 puntos, por detrás de países como Rusia ou China.
Fonte: Administradores
Boletín
Subscríbase ao boletín