Mundo
Unhas inscricións de reliquias atopadas en Xangai poderían botar luz sobre as orixes da lingua chinesa
Unhas inscricións en reliquias descobertas na cidade chinesa de Xangai, que se pensan que son anteriores aos restos máis antigos de escritura chinesa, poderían botar luz sobre as orixes da lingua e cultura chinesas.
Fonte: The Guardian
Os cidadáns francófonos do estado canadense de Ontario non poden aprender a conducir en francés
Segundo o diario canadense Le Droit, a edición francesa do manual para a condución do Goberno de Ontario (Canadá) está esgotado desde hai máis de dous anos, o que obriga os automobilistas francófonos a aprenderen a conducir en inglés.
Fonte: La Presse
A lingua francesa perde peso en Vietnam en beneficio do inglés
Menos de 600 000 vietnamitas falan actualmente francés en Vietnam, un antigo bastión francófono. O inglés estase beneficiando deste declive e cada vez máis vietnamitas estudan esta lingua que, ademais, está moi demandada no ámbito laboral.
Fonte: 20 minutes
A estación de Estrasburgo difunde mensaxes orais en alsaciano
A estación ferroviaria da cidade francesa de Estrasburgo difundirá mensaxes en alsaciano, dialecto alemán da rexión de Alsacia. Estas mensaxes poderanse escoitar tamén noutras localidades da rexión como: Sélestat, Colmar, Mulhouse, entre outras. Ademais, os viaxeiros que cheguen en tren á capital alsaciana poden, desde o pasado mes de xuño, recibir mensaxes de benvida en dialecto.
Fonte: DNA
O Instituto Camões quere integrar o ensino do portugués no sistema educativo dos EUA e Canadá
O Instituto Camões (Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa) quere integrar o ensino do portugués no sistema de ensino regular dos EUA e Canadá, segundo declarou un responsable da institución naqueles dous países.
Fonte: Notícias ao Minuto
Duplícase o número de estranxeiros no Brasil que aproban o exame de aptitude en lingua portuguesa
A crise económica da Unión Europea, principalmente en países como España e Portugal, intensificou aínda máis o fluxo de estranxeiros ao Brasil. En cinco anos, duplicouse o número de estranxeiros aprobados no único exame de certificación que mide as competencias en lingua portuguesa, o Celpe-Bras.
Fonte: D24 AM
O Centro de Lingua Portuguesa de Macau podería ser unha plataforma do ensino do portugués en Asia
O director do Centro Pedagóxico e Científico de Lingua Portuguesa, Carlos André, defendeu, nunha entrevista á axencia Lusa, que a institución que dirixe en Macau pode servir de plataforma para o ensino do portugués en Asia.
Fonte: Sol
Oito deputados bretóns do Loira-Atlántico asinan unha proposición de lei para a aprobación da Carta Europea das Linguas
Trinta deputados bretóns, oito do departamento de Loira-Atlántico, asinaron unha proposición de lei para pedirlle ao Goberno francés que ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. Trátase dunha reivindicación elaborada polos defensores da lingua bretoa e do galó.
Fonte: Ouest France
A televisión pública mexicana estrea a primeira telenovela en lingua maia
México estrea a primeira telenovela en lingua maia subtitulada ao español. A serie, rodada na selva de Quintana Roo, no leste de México, está composta por 30 capítulos e desvelará os trazos da cultura maia na televisión pública e internet.
Fonte: Español Rfi
Un estudo demostra que os nenos aprenden dous idiomas coa mesma facilidade que un só
Os nenos poden aprender dous idiomas ao mesmo tempo sen necesidade de realizar un esforzo maior, xa que é como se aprendesen unha soa lingua. Son capaces de manter os sons de cada idioma por separado, segundo indicou un estudo de Ithaca College (EUA).
Fonte: HNGN
Boletín
Subscríbase ao boletín