Mundo

Un cidadán francés loita por preservar unha lingua morta de Alasca

En 2008, morreu Marie Smith Jones, última falante de eyak. A tribo amerindia de Alasca do mesmo nome pensaba que con ela se perdería a lingua dos seus devanceiros. Porén, o eyak non dixo a súa última palabra, dúas persoas aínda o falan: Michael Krauss, un estadounidense apaixonado pola súa cultura, e Guilliame Leduey, un mozo francés de 23 anos que decidiu dedicarse á revitalización da lingua.

Fonte: French Morning

O comisario de Linguas Oficiais de Canadá pediralle ao ministro de Exteriores que corrixa as súas tarxetas de visita monolingües

O comisario de Linguas Oficiais de Canadá, Graham Fraser, pediralle a John Baird, ministro de Exteriores, que rectifique as súas tarxetas de visita escritas unicamente en inglés. Graham Fraser recibiu xa catro queixas sobre as tarxetas que non cumpren a política de bilingüismo nas comunicacións do Goberno canadense.

Fonte: Le Droit

Un estudo revela que a India perdeu 220 linguas en 50 anos

Un estudo de dous anos, realizado polo Centro de Publicacións e Investigacións Bhasha, revelou que a India perdeu arredor dun 20 por cento das súas linguas nativas nos últimos 50 anos.

Fonte: Oneindia

Preséntase o primeiro Dicionario das linguas de Honduras

O dicionario servirá para "abrir a oportunidade" de que a sociedade internacional e nacional coñeza a lingua dos pobos indíxenas e afrodescendentes do país centroamericano.

Fonte: La Prensa

A expansión do portugués depende do consenso dos Estados membros dos Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa

O analista de Política internacional Mário Pinto de Andrade considera que a expansión da lingua portuguesa como instrumento de traballo na ONU e na Unión Africana depende exclusivamente da vontade dos Estados membros con relación á concertación das cotas.

Fonte: ANGOP

Nace a plataforma Lingua.ly, unha nova forma de aprender idiomas por internet

A idea é que poidamos aprender idiomas en base aos textos que encontremos navegando en internet, mesmo dentro do noso muro de Facebook, de maneira que nos enfrontaríamos a situacións reais na aprendizaxe, adaptándose así aos nosos intereses e necesidades persoais.

Fonte: EJU

A única lingua crioula con base no alemán, falada no sur do Pacífico, pode desaparecer

En 1900, alumnos dunha misión en Papúa-Nova Guinea crearon un dialecto que mestura alemán e idioma local. Hoxe, as poucas persoas que falan o chamado "noso alemán" son proba viva dun capítulo pouco coñecido da historia colonial.

Fonte: DW

Publícase un mapa interactivo das linguas faladas nos Estados Unidos

As linguas visibles no mapa interactivo son español, francés, crioulo francés, italiano, portugués, alemán, ruso, polaco, persa, chinés, xaponés, coreano, vietnamita, tagalo e árabe.

Fonte: CI News

Denuncian en Canadá a escaseza de xuíces bilingües

Posto que non hai suficientes xuíces bilingües, o comisario de Linguas Oficiais de Canadá, de acordo cos seus homólogos provinciais, demándalle ao ministro federal de Xustiza, Peter MacKay, que reaccione.

Fonte: Radio-Canada

O temor á discriminación é o principal factor para non utilizar as linguas indíxenas

Malia os esforzos de dez institucións públicas que buscan preservar as linguas indíxenas, a delegada do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, Eva Cacavari Garza, recoñeceu que a discriminación é o principal factor que xera o desánimo das xeracións futuras á hora de empregar a súa lingua.

Fonte: UniradioInforma

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder