Mundo
Amazon dixitalizará 26 libros en linguas indíxenas de México
A empresa estadounidense Amazon, líder en comercio electrónico no mundo, asinou un acordo co Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) de México para dixitalizar 26 obras en linguas indíxenas, que estarán dispoñibles de maneira gratuíta, confirmaron fontes oficiais.
Fonte: Informador
Unha campaña demanda que todos os nenos de Gales poidan falar galés con fluidez
Un grupo de defensores da lingua galesa asinou unha carta a Carwyn Jones, ministro principal de Gales, para pedir que se poña fin ao ensino do galés como segunda lingua nas escolas.
Fonte: Wales Online
A protección das linguas rexionais recibe un apoio masivo do Parlamento Europeo
O Parlamento Europeo vén de adoptar un informe en Estrasburgo sobre a salvagarda das linguas rexionais en perigo e a promoción da súa utilización.
Fonte: France3
Twitter lanzará unha versión en lingua galesa
Twitter, unha das redes sociais máis famosas do mundo, anunciou que en breve lanzará a súa páxina en lingua galesa despois de solicitar a colaboradores que realizasen a tradución do seu contido.
Fonte: Wales Online
A maioría dos estudantes da localidade canadense de Tisdale non poderá estudar francés
Este curso académico a maioría dos estudantes da localidade canadense de Tisdale, na provincia de Saskatchewan, non poderá coller a opción de francés como materia curricular. O organismo educativo competente tomou a decisión despois de consultar os pais do alumnado.
Fonte: CBC
Búscanse profesores de lingua bretoa nas escolas Diwan
As escolas Diwan, especializadas no ensino do bretón e en bretón, comezaron o novo curso cun déficit notable de profesores, segundo denunciou a CGT-SNEIP, o sindicato que ten máis adheridos entre o persoal.
Fonte: Nationalia
Un estudo revela que unhas 200 linguas están en perigo na India
Cunha certa solemnidade, presentáronse no Memorial Ghandi de Nova Deli os resultados do último censo lingüístico da India, obra de Ghanesh Devy, ex-profesor de lingua inglesa (premio Linguapax 2011). O autor chegou á conclusión de que, das 850 linguas detectadas na India, polo menos 200 están ameazadas de desaparición, particularmente as faladas por menos de 10 000 persoas.
Fonte: Nationalia
O ministro de Educación de Taiwán anuncia a obrigatoriedade do ensino en linguas nativas
O ministro de Educación de Taiwán anunciou que o ensino en linguas nativas (principalmente taiwanés, hakka e linguas aborixes) será obrigatorio a partir de 2016, noticia que foi recibida con satisfacción por grupos de pais e nais e organizacións de profesores.
Fonte: Taipei Times
As linguas nativas de Nixeria están ameazadas
Moitas das linguas nativas que se falan actualmente en Nixeria desaparecerán se non se toman medidas para a súa protección. O inglés estase a converter na lingua principal de moitos fogares en detrimento da lingua nativa.
Fonte: All Africa
Cidadáns indíxenas de Colombia poderán retomar os seus estudos na súa lingua materna
Arredor de 3600 cidadáns indíxenas de Colombia que abandonaron a escola recibiron tablets dixitais para que poidan retomar os seus estudos nas súas linguas nativas.
Fonte: France 24
Boletín
Subscríbase ao boletín