Mundo

O ministro de Educación de Irán considera unha prioridade o ensino das linguas étnicas nas escolas

O ministro interino de Educación de Irán, Ali Asghar Fani Said, declarou que o ensino das linguas étnicas nas escolas iranianas é unha prioridade e que é hora de aplicar o artigo 15 da constitución de Irán que permite o uso das linguas rexionais nos medios de comunicación e no sistema educativo.

Fonte: Trend

Recomendan a Turquía "traspasar" poderes e garantir o "pleno uso" do kurdo nas escolas e na vida pública

A organización non gobernamental International Crisis Group presentou un relatorio sobre as medidas aprobadas polo primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, no que declara que Turquía debería transferir algunhas competencias e garantir que todas as linguas maternas se poidan usar libremente.

Fonte: Nationalia

As universidades británicas ensinan cada vez menos licenciaturas en linguas modernas

Máis dun terzo das universidades británicas deixaron de ofrecer licenciaturas en linguas modernas nos últimos 15 anos. Segundo os académicos, a razón radica nos estritos criterios de avaliación do último ano dos estudos secundarios que desalentan os adolescentes co estudo das linguas.

Fonte: The Guardian

Timor Leste aposta polo perfeccionamento da lingua portuguesa

O viceministro de Educación de Timor Leste, Virgílio Smith, garantiu en Lisboa a continuidade do proceso de formación de profesores timorenses en Portugal porque o país precisa de "profundar o perfeccionamento" da lingua portuguesa.

Fonte: Porto Canal

Anuncian apoio financeiro para a aprendizaxe da lingua mohwak de Canadá

O parlamentario canadense Daryl Kramp anunciou, en nome do ministro de Patrimonio e Linguas Oficiais de Canadá, a concesión de apoio financeiro para a aprendizaxe da lingua mohawk.

Fonte: Newswire

Un grupo de científicos de varios países explica por que os nenos teñen facilidade para aprenderen linguas

Científicos británicos e estadounidenses presentaron un estudo sobre a adquisición da linguaxe nos nenos e descubriron que entre os dous e os catro anos de idade o cerebro humano está aberto a un determinado tipo de experiencia que permite o perfeccionamento da linguaxe. O estudo tamén explica por que os nenos teñen facilidade para aprenderen máis dun idioma.

Fonte: O tempo

Unha deputada do Parlamento Europeo afirma que cómpre tomar medidas preventivas para salvar as linguas europeas en perigo

Unha deputada galesa do Parlamento Europeo declarou que as linguas ameazadas da Unión Europea desaparecerán se non se toman medidas preventivas suficientes para garantir o seu uso en todos os ámbitos da vida.

Fonte: The Parliament

Alumnos do ensino público de São Paulo poderán realizar intercambios lingüísticos no exterior

Un total de 22 000 estudantes do ensino medio de São Paulo (Brasil) poderán inscribirse para facer cursos intensivos gratuítos de 20 días para aprender unha das tres linguas máis faladas no mundo, o inglés, o español e o francés. A iniciativa estará financiada con fondos públicos.

Fonte: Terra

Un informe que recomenda a introdución de máis horas de galés nas escolas levanta polémica no País de Gales

Un informe que recomenda a introdución de máis horas de galés nas escolas de fala inglesa do País de Gales levanta polémica nos eidos da educación e a política galesas.

Fonte: Wales Online

Unha de cada catro linguas indíxenas do Brasil corre o risco de desaparecer

A medida que o portugués se estende, outros idiomas están seriamente ameazados de extinción no Brasil. Como mínimo, un cuarto das máis de 150 linguas indíxenas do país corre o risco de desaparecer, segundo un estudo divulgado polo Museo Emilio Goeldi.

Fonte: Operamundi

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder