Mundo

O interese dos países estranxeiros incrementa o valor da lingua portuguesa

Mellorar a calidade das revistas científicas editadas nos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), identificar áreas de actividade en que a lingua portuguesa poida contribuír ao desenvolvemento económico e reforzar o investimento en formación de profesores de portugués son algunhas das propostas presentadas por especialistas lusófonos para promover e difundir o portugués en todo o mundo.

Fonte: TV Ciência

Suprimen os méritos polo dominio do gaélico na función pública irlandesa

O Goberno da República de Irlanda vén de suprimir o sistema que permitía obter méritos ás persoas que demostrasen un dominio da lingua irlandesa nos exames da función pública.

Fonte: The Irish Times

Introdúcese no sistema educativo de Benin o ensino de seis linguas nativas

Seis linguas nativas do país africano de Benin foron introducidas no sistema educativo no curso 2013-2014, informou o inspector xeral pedagóxico do Ministerio beninés de Educación preescolar e primaria, Bernardin Aholoukpè.

Fonte: Afriquinfos

Brasil escala posicións na clasificación mundial que mide o dominio da lingua inglesa

O Brasil subiu oito postos no índice de dominio da lingua inglesa (EPI, polas súas siglas en inglés), divulgado pola empresa de intercambio sueca Education First (EP). Agora, o país suramericano ocupa o lugar 38 e figura no grupo dos países con "baixo dominio" do idioma estranxeiro.

Fonte: Veja

Defensores da lingua galesa rexeitan os recortes en materia lingüística dos novos orzamentos do País de Gales

Defensores da lingua galesa rexeitan o borrador dos orzamentos galeses que significarán uns recortes de máis de 1,5 millóns de libras en materia lingüística. Así mesmo, negan que se manteña o investimento na promoción e protección da lingua galesa, tal e como afirmou o ministro principal de Gales, Carwyn Jones.

Fonte: Wales Online

Despois de meses de tensións, Vukovar retíralles o status oficial ao serbio e ao alfabeto cirílico

O Concello croata de Vukovar modifica o seu estatuto e oficializa só o croata e o alfabeto latino, en detrimento do serbio e o alfabeto cirílico. O Consello Nacional Serbio denunciará a decisión perante o Tribunal Constitucional.

Fonte: Nationalia

O portugués convértese na lingua de moda e do emprego en China

Nos últimos "cinco ou seis anos a explosión (do ensino) do portugués en China foi fantástica" declarou o profesor Carlos Ascenso André, un dos oradores do relatorio "Ensino da Lingua Portuguesa en China", un dos temas a debate da pasada conferencia internacional "Lingua Portuguesa no Sistema Mundial".

Fonte: Expresso

Unha organización sen ánimo de lucro busca financiamento para abrir unha escola de educación preescolar en lingua córnica

Unha organización sen ánimo de lucro está a buscar financiamento para abrir a primeira escola de educación preescolar en lingua córnica no Reino Unido a partir do próximo ano.

Fonte: Nursery World

Falar dúas linguas podería adiar a aparición da demencia en persoas anciás

Un minucioso estudo revela que falar unha segunda lingua podería adiar a aparición de certas formas de demencia en persoas anciás.

Fonte: La Presse

O descenso do número de anglófonos bilingües en Canadá preocupa ao comisario de linguas oficiais

O descenso do número de cidadáns anglófonos que falan dúas linguas en Canadá preocupa ao comisario de linguas oficiais, Graham Fraser. Esta situación podería constituír un obstáculo para acadar certas melloras como, por exemplo, esixirlles aos xuíces do Tribunal Supremo Canadense que sexan bilingües.

Fonte: La Presse

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder