Mundo
Estudantes da Universidade de Aberystwyth maniféstanse para evitar o peche dunha residencia de estudantes de fala galesa
Arredor de 100 alumnos universitarios da vila galesa de Aberystwyth manifestáronse para evitar o peche da residencia de estudantes de fala galesa Pantycelyn. Os manifestantes pensan que esta medida podería danar a comunidade de estudantes que falan galés como primeira lingua.
Fonte: Wales Online
Nace un novo espazo en internet para docentes de portugués como lingua estranxeira
A Conferencia sobre o Futuro da Lingua Portuguesa no Sistema Mundial de Lisboa lanzará un novo portal destinado a docentes de portugués como lingua estranxeira, anunciou á axencia de noticias Lusa o director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, responsable do proxecto.
Fonte: Sapo
Profesores brasileiros avalían en Portugal a reabertura do debate sobre o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa
Dous profesores de lingua portuguesa do Brasil reuniranse en Lisboa con representantes de Portugal para debater un acordo ortográfico que sexa "froito dun entendemento xeral" e consensual para que ningún dos países se sinta prexudicado.
Fonte: Jornali
A man de obra estranxeira ameaza o uso da lingua árabe nos Emiratos Árabes Unidos
A riqueza xerada polo petróleo trouxo consigo un elevado nivel de vida para os cidadáns dos Emiratos Árabes Unidos. Porén, os efectos non son só positivos: a chegada de man de obra estranxeira está a causar unha diminución significativa no uso da lingua árabe.
Fonte: The National
Catro provincias arxentinas contarán con tradutores de linguas orixinarias
As provincias arxentinas de Formosa, Jujuy, Chaco e Bos Aires contarán con tradutores de linguas orixinarias para conseguir unha maior participación da poboación nas próximas eleccións. A iniciativa prevé chegar a todas as provincias arxentinas en 2015 e permitirá ás agrupacións políticas facer publicidade dos seus electores en idiomas nativos.
Fonte: Diario Uno
Macau ocupa unha posición estratéxica para a difusión do portugués en Oriente
A directora do departamento de Estudos Portugueses da Universidade de Macau espera que no Plan de Acción de Lisboa, pendente de aprobar pola Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), haxa unha referencia ao portugués como lingua oficial da Rexión Administrativa Especial chinesa, que ocupa unha posición estratéxica na difusión desta lingua en todo o continente asiático.
O déficit no coñecemento de linguas estranxeiras de Estados Unidos e o Reino Unido esixe un cambio das políticas actuais
Sen un cambio significativo das políticas actuais, o Reino Unido e os Estados Unidos non poderán incrementar o número de falantes competentes de linguas estranxeiras para poder seguir competindo internacionalmente no ámbito laboral e de servizos do futuro.
Fonte: The Guardian
O alumnado dunha universidade de Pequín aprende a importancia internacional do portugués
Nas primeiras clases do curso de portugués, o alumnado da Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín aprende os nomes dos oito países lusófonos, descubrindo que esta lingua non se fala unicamente en Portugal ou no Brasil.
Fonte: Jornali
Científicos de Microsoft conseguen transformar lingua de signos en texto falado
Científicos do Microsoft Research Asia presentaron recentemente un software que permite ao Kinect, sensor de movementos desenvolvido para o Xbox 360, traducir a lingua de signos á linguaxe falada e viceversa. Por exemplo, un usuario pode falar ou escribir palabras no tradutor Kinect e o sistema transforma as palabras á lingua xestual por medio dun mecanismo virtual exhibido na pantalla.
Fonte: Rondonia direta
Os pobos da etnia amazónica shuar de Ecuador están deixando de falar a súa lingua
Un estudo do Instituto Ecuatoriano de Patrimonio Cultural revela que a lingua ancestral shuar non é de uso habitual nos pobos desa etnia amazónica, asentados nos municipios de Nangaritza e Paquisha, no leste de Ecuador. De entre os falantes, só un 1 % fala a lingua nativa e a mocidade resístese a aprender porque sente vergoña da súa identidade.
Fonte: Notimérica
Boletín
Subscríbase ao boletín