Mundo
Un lingüista brasileiro presenta en Portugal un proxecto para simplificar a lingua portuguesa
O lingüista brasileiro Ernani Pimentel presentou en Portugal un proxecto para simplificar o idioma portugués. O lingüista, que é presidente do Centro de Estudos Lingüísticos da Academia de Letras de Brasilia, liderou o movemento "Acordar mellor", que resultou nun libro que ofrece un enfoque crítico sobre o Novo Acordo Ortográfico.
Fonte: Expresso
A Asociación de Xordos do Porto reclama máis visibilidade para a lingua de signos portuguesa
A lingua de signos portuguesa recibiu o recoñecemento da República Portuguesa hai 16 anos, mais a Asociación de Xordos do Porto lamenta que non sexa unha ferramenta o suficientemente desenvolvida e defende a súa “maior visibilidade” nunha sociedade que aínda “mantén o prexuízo”.
Fonte: Jornali
Os medios de comunicación indios critican a proposta dalgúns políticos de prohibir o uso do inglés no Parlamento
Os medios de comunicación da India móstranse críticos coas proposta de prohibir o uso da lingua inglesa no Parlamento. O líder do Partido Samajwadi (SP), Mulayam Singh Yadav, declarou que no seu lugar debería promoverse o uso do hindi e doutras linguas rexionais indias.
Fonte: BBC
A lingua rusa está entre as dez máis populares do Reino Unido
Unha serie de factores económicos, políticos e culturais determinan os dez idiomas que desempeñarán un papel crucial na prosperidade do Reino Unido. As cinco linguas máis populares para os británicos son o español, o árabe, o francés, o chinés e o alemán. O portugués, o italiano, o ruso, o turco e o xaponés ocupan os lugares restantes.
Fonte: Voz da Rússia
Un estudo revela que os falantes de galés adoitan estar máis cualificados que os que só falan inglés
Un estudo sobre habilidades laborais revela que os falantes de galés adoitan estar máis cualificados que os que só falan inglés. Así mesmo, o estudo demostra que existen importantes diferenzas de aprendizaxe e rendemento entre estes dous grupos de falantes.
Fonte: Daily Post
Unha campaña tenta salvar a igrexa de fala galesa máis antiga de Londres
O presentador da canle BBC, Huw Edwards, está protagonizando unha campaña para salvar a igrexa de lingua galesa máis antiga de Londres e que considera como "unha casa lonxe da terra". A capela orixinal data de 1774 e foi o primeiro centro de culto en lingua galesa da capital británica.
Fonte: London Evening Standard
O tradutor de Google para Android traduce agora conversas en tempo real
Google anunciou unha actualización da súa aplicación de tradución para Android que permite traducir conversas en tempo real, un servizo máis rápido, soporte a novas linguas e unha nova interface de usuario.
Fonte: Diário Digital
Desenvolven un corrector ortográfico para tres linguas orixinarias de Bolivia
Un equipo técnico boliviano desenvolveu un corrector ortográfico para as linguas aimará, quechua e guaraní, como parte dunha cruzada para "revitalizalas". Trátase dun programa para computador que permitirá corrixir erros mentres o usuario escribe nalgunha desas linguas nativas. O software é libre e poderá descargarse de internet, a través de sete portais web.
Fonte: Página Siete
Os catalanistas franceses denuncian que "o catalán está en perigo de extinción"
Os catalanistas de Francia pretenden facerlle chegar á Conferencia Xeral da UNESCO a denuncia do perigo de extinción do catalán e outras linguas minoritarias por culpa da negación da diversidade lingüística por parte do Estado francés.
Fonte: Diálogo Libre
Unha escola de Londres rexistra a porcentaxe de uso de linguas estranxeiras máis elevada do Reino Unido
A escola Oasis Academy de Croydon, no sur de Londres, rexistra a porcentaxe de uso de linguas estranxeiras máis alta de todo o Reino Unido, cun total de 69 idiomas contabilizados. As linguas maternas do alumnado varían desde o francés e o turco, ata linguas crioulas como o papiamento e idiomas tribais africanos como o oshivambo e o wolof.
Fonte: Express
Boletín
Subscríbase ao boletín