Mundo
Maniféstanse no País Vasco francés para reclamar a cooficialidade do éuscaro
Arredor de 3500 persoas, segundo os organizadores, manifestáronse na localidade vascofrancesa de Maule (Mauléon, en francés) para reclamar a cooficialidade do éuscaro e a autonomía do País Vasco francés.
Fonte: Nationalia
Cada vez máis estudantes portugueses apostan polos cursos de linguas de curta duración
Cada vez existen máis alumnos nas escolas de idiomas portuguesas que se interesan polos cursos de curta duración. Os principais motivos son a inestabilidade laboral e a necesidade crecente de buscar un emprego no estranxeiro.
Fonte: Dinheiro Novo
Unha campaña aspira a recoller un millón de sinaturas en apoio á lingua rusa na Unión Europea
Os activistas da Alianza Rusa en Europa, que reúne os falantes de lingua rusa na Unión Europea, están convencidos de que o ruso ten o dereito lexítimo de ser usado na Unión Europea a nivel oficial. Esta asociación fará unha recolla de sinaturas en apoio á lingua rusa en Europa.
Fonte: Voz da Rússia
Kuwait pide que o árabe se converta en lingua oficial da Organización Mundial do Comercio
O ministro kuwaití de Comercio e Industria, Anas Al-Saleh, instou a todos os estados membros da Organización Mundial do Comercio a que recoñezan o árabe como lingua oficial da institución.
Fonte: Kuna
O coñecemento da lingua maorí diminúe en Nova Zelandia malia o crecemento do grupo étnico
O coñecemento da lingua maorí continúa retrocedendo en Nova Zelandia malia o incremento do número de neozelandeses que pertencen ao grupo étnico maorí. A porcentaxe de maorís que falan a lingua precolonial diminúe e isto pode ameazar a posición do idioma coma segundo máis falado do país insular.
Fonte: Nationalia
Un grupo de traballo do Goberno de Gales quere desenvolver un plan para paliar a perda de falantes de galés
Un grupo de traballo do Goberno de Gales recomenda que as cidades de Bangor, Aberystwyth e Carmarthen se desenvolvan como "rexións urbanas" co fin de potenciar a rexeneración económica e a mellora das infraestruturas potenciando o uso da lingua galesa. O obxectivo é incrementar o número de falantes que adopten o galés como primeira lingua.
Fonte: Wales Online
O comisario da lingua irlandesa da República de Irlanda dimite pola falta de compromiso do Estado en materia lingüística
O comisario da lingua irlandesa, Seán Ó Cuirreáin, anunciou a súa dimisión pola falta de compromiso real do Estado irlandés na protección dos dereitos dos falantes de gaélico.
Fonte: Independent
Benin quere introducir o ensino das linguas nacionais no sistema educativo formal
Segundo fontes oficiais, Benin elaborou unha estratexia global para a introdución das linguas nacionais no sistema educativo formal.
Fonte: iciLome
O primeiro ministro do Reino Unido, David Cameron, quere que os estudantes británicos aprendan chinés
O primeiro ministro do Reino Unido, David Cameron, declarou á volta dunha visita oficial a China que o alumnado británico debería deixar de estudar francés e alemán e aprender chinés. Ademais, afirmou que espera dobrar o número de auxiliares de conversa chineses nas escolas británicas antes de 2016 e incrementar os fondos para que os centros educativos poidan ofrecer o ensino do chinés mandarín.
Fonte: Daily Mail
Milwaukee acollerá en maio de 2014 o primeiro gran simposio sobre o galego en Norteamérica
O Grupo de investigación de Estudos Galegos da UW-Milwaukee acaba de convocar o primeiro simposio sobre o "Mapa dos estudos galegos en Norteamérica" que terá lugar nesta universidade dos EE.UU. en maio de 2014.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín